Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Couza

Hai moitos insectos coleópteros que fan buratos nos mobles de madeira, pero a fala coloquial non distingue entre a grande variedade de especies. En inglés aplícaselles a todos o nome de “woodworms”. En español o máis aceptado é “carcoma”.

En galego encontrei varias palabras, algunhas con máis dun significado. Puideron especializarse en diversos lugares e épocas, asumindo diversas pragas os mesmos nomes. Tampouco os que van por aí recollendo material lexicográfico soen ser expertos entomólogos. Anoto as máis extendidas nos vocabularios que consultei. So encontrei na fala viva as dúas primeiras…

  • rela
  • traza: tamén no portugués, “traça”
  • caruncho: esta palabra aplícase máis ó fungo dos cereais Claviceps purpurea, tamén chamado “ergot”, en español “cornezuelo”, asociado con graves intoxicacións en humanos e outros animais
  • couza: ignoro os motivos, pero parece a preferida nalgunhas publicacións
  • carcoma: tamén no portugués
  • trilla: en orixe parece ser nome para as larvas das avelaíñas da familia Tineidae que atacan os tecidos (e non a madeira), pasa algo parecido coa palabra española “polilla”

11 Outubro 2009 - Posted by | Education, Language, Science

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s