Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Telecentros de Asturias: outro paso atrás para o software libre

Hai dous meses, na anotación “Jakintza Ikastola”, comentei o escandaloso caso do Goberno vasco que, en tempo de crise, habendo alternativas libres e gratuítas, contrataba a compra de 20 000 computadoras escolares cun sistema operativo e cunha suite ofimática de pago e de código pechado, que secuestran ós usuarios cun único servizo técnico autorizado. Por se alguén non o ten claro, falo do sistema operativo Microsoft Windows (a alternativa libre e gratuíta podería ser un sistema operativo Linux) e da suite ofimática Microsoft Office (a alternativa libre e gratuíta podería ser OpenOffice.org). Parece que as administracións pasan por alto normas como a Ley 11/2007, de 22 de junio, de acceso electrónico de los ciudadanos a los Servicios Públicos ou o Real Decreto 1494/2007.

Hoxe encontro outra noticia semellante, na cal unha administración pública actúa a favor do monopolio e contra a cultura do software libre… nos “telecentros” de Asturias substitúen as computadoras con arranque dual Windows / Linux por outras que so traen Windows. Máis información no blog de Ángel Vázquez Hernández:

“Adiós a Ubuntu en los Telecentros en Asturias”

12 Outubro 2009 - Posted by | Education, Human Rights, Politics, Software, Spain

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s