Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

“…un tecnócrata, un estadista o una mujer” (titular de prensa)

Recordei agora un triste titular para un triste accidente… viña dicir que ¡morreran tres persoas e un portugués! Recordeino porque hoxe o diario La Voz de Galicia traía este lamentable titular: “La UE decide hoy si su presidente será un tecnócrata, un estadista o una mujer”. Pero o máis lamentable é que o enunciado reflicte unha das falacias coas que nos adormecen os políticos, igual que adormentamos á nosa conciencia solidaria cando damos algo do que nos sobra a unha ONG.

A propaganda quere mostrarnos cargos institucionais con “paridade”, ou polo menos con algunha muller, con “inclusión”, coa nota de cor das minorías. Alégrome de que unha muller, un negro, un minusválido ou un homosexual poidan acceder a eses cargos. Pero que o fagan pola súa capacidade e non por aparentar. Moitos millóns de mulleres, negros, minusválidos e homosexuais han agradecer que alguén (incluso os varóns brancos heterosexuais e sen eivas) os axude cos seus problemas, que deixemos de fabricar ilusións, de finxir, de simular unha falsa igualdade, unha falsa normalidade, un falso libremercado, unha falsa democracia.

Algunhas anotacións relacionadas (neste mesmo blog)…

19 Novembro 2009 - Posted by | Human Rights, Language, Politics, Propaganda

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s