Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Xa está “na rúa” o Sumatra PDF viewer 1.0.1

Un dos problemas do Adobe Reader, o programa máis usado para ler documentos PDF, é o seu “peso”. Unha boa alternativa, que encontrei en pdfreaders.org, lixeira, libre e gratuíta, aínda que so para Windows, é o Sumatra PDF viewer, que acaba de poñer “na rúa” a súa versión 1.0.1. Este é un extracto da súa presentación:

  • Sumatra PDF is a slim, free, open-source PDF viewer for Windows. Portable out of the box.
  • Sumatra has a minimalistic design. Simplicity has a higher priority than a lot of features.
  • It’s small and starts up very fast.
  • It’s designed for portable use: only one file so you can run it from external USB drive. Doesn’t write to registry.
  • Sumatra PDF is distributed under GPLv3 license.
  • Sumatra is written by Krzysztof Kowalczyk.
  • Download from here.

28 Novembro 2009 - Posted by | Software

4 Comentarios »

  1. Para internet vai moi ben, eu tiña problemas co Adobe Acrobat, atascábase continuamente.
    Sumatra non ten ferramentas interesantes do Adobe Acrobat, como as capturas de partes do documento e a conversión a texto editable. Para traballo “na casa” convén conservar o Adobe, pero para internet é moito máis fiable Sumatra.
    (Digo isto sen coñecer aínda esa nova versión)
    E, o fundamental, Sumatra é Software Libre. E a máis da filosofía, aforra cantidade de problemas que trae sempre o software privativo.
    – Windows? – Dende “O Lado Escuro da Fenda Dixital”: Algúns non temos máis remedio, ou case, que usalo. Cando estea na “Bright Side of The Digital-Web Life”, by by Windows!

    Comentario por K. Gregorovius | 28 Novembro 2009

  2. Graciñas polo comentario. Se non entendo mal, dixeches que Sumatra non permite copiar texto. Pero eu si puiden. Para seleccionalo usei CTRL + left click, e para copialo CTRL + C.

    Comentario por César Salgado | 28 Novembro 2009

  3. Debe ser porque teño a versión 0.9.4.
    Xa descarguei a que anuncias.
    A ver se nun momento de vacacións se fai/fago a traducción ao galego.

    Comentario por K. Gregorovius | 29 Novembro 2009

  4. Vaia. Perdón. Xa está traducido.
    E copia tanto texto coma imaxes bárbaro.
    Magnífico programa!

    Comentario por K. Gregorovius | 29 Novembro 2009


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s