Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Boria

Oín estes días a palabra “boria” e, ó serme descoñecida, supuxen que sería un localismo, pero ten e tivo moita vida, se vémo-las distintas acepcións e a fraseoloxía á que deu lugar…

O significado orixinal, segundo as referencias máis antigas do “Dicionario de dicionarios” (corpus lexicográfico da lingua galega coordinado por Antón Santamarina), puido ser “bolsa na cal os cerralleiros ambulantes levan as súas ferramentas”. Esta acepción aparece tamén no Dicionário Electrónico Estraviz e no Gran Diccionario Xerais da Lingua (coordinado por Xosé María Carballeira Anllo, publicado no ano 2000).

Parece que o uso actual se inclina pola acepción “diversión ruidosa” (sinónimo de xolda, farra, esmorga…) en expresións como “ir de boria” ou “ir á boria”, aínda que “vaite á boria” equivale a “vai de aí” e “á boria” é tamén “á intemperie”. Así mesmo hai unha acepción “feito de ir dun sitio para outro, sen un destino fixo”. Quizá se evoque nestas frases o carácter ambulante dos cerralleiros.

Outras acepcións son “labia, leria” e “fachenda, ostentación vaidosa, presunción”. Así “ter moita boria” é “presumir de facer moitas cousas e non facer nada”. E “levarlle a boria a alguén” é “seguirlle a conversa sen facerlle moito caso”. Tamén se aplica á “persoa indolente, demasiado calmosa, pachorrenta” (sinónimo de posma, prosma, trosma, pasmón, bobo…) e quizá o que se compara aquí é a mesma bolsa de coiro. De feito “coiro” soe ser un insulto grave e “non caber nos coiros” é “ser orgulloso”.

Hai un adxectivo “boriante” que significa “persoa ambulante, moinante” pero tamén “amigo da boria, esmorgante” ou “presumido, vaidoso” e incluso “socarrón, adulador, vividor”.

12 Decembro 2009 - Posted by | Galicia, Language

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s