Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

E iso… ¿onde vén sendo?

Unha pequena cura de humildade para etnocéntricos…

No mundo, segundo a Wikipedia, hai 61 cidades con máis de 3 000 000 de habitantes. Téñase en conta que esta lista se compón principalmente de cidades strictu senso e evita no posible o reconto de aglomeracións urbanas, conurbacións, áreas metropolitanas, LUZ e similares. As quince primeiras cidades:

  1. Mumbai, 13 922 125
  2. Shanghai, 13 831 900
  3. Karachi, 12 991 000
  4. Delhi, 12 259 230
  5. Istanbul, 11 372 613
  6. São Paulo, 11 037 593
  7. Moscow, 10 508 971
  8. Seoul, 10 456 034
  9. Beijing, 10 123 000
  10. Mexico City, 8 841 916
  11. Tokyo, 8 795 000
  12. Jakarta, 8 489 910
  13. New York City, 8 363 710
  14. Wuhan, 8 001 541
  15. Lagos, 7 937 932

As únicas cidades da Unión Europea que aparecen na lista son Londres, no posto 19, con 7 556 900 habitantes; Berlín, no posto 53, con 3 426 354; e Madrid, no posto 56, con 3 213 271. Podemos ver noutra lista como, na Unión Europea, hai so 5 cidades que superan os 2 000 000 de habitantes (as citadas Londres, Berlín e Madrid, máis Roma e París); e menos de 20 cidades que superan 1 000 000 de habitantes, cando so na India hai máis de 40

Fagamos un experimento: situar no mapa as 61 cidades da primeira lista que citei, sen mirar a que país pertencen, e logo non burlarse do estranxeiro que non sabe onde está a nosa provincia…

23 Decembro 2009 - Posted by | Education, Geography

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s