Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

“Así fan os bailadores…” (libro con CD e DVD)

“Así fan os bailadores…” (Dos Acordes, Baiona, 2009; ISBN: 978-84-936618-4-7) contén unha compilación de danzas e bailes tradicionais, presentados como repertorio de iniciación ó baile galego. O libro consta de transcripcións musicais en partitura, diagramas espaciais e cinetogramas, fotografías, ilustracións e explicacións. Inclúe un DVD (onde se poden ver ditas danzas e bailes, realizados por grupos de nenos e mozos con música ó vivo) e un CD coa música gravada en estudio, que posúe a calidade requirida para servir de apoio á execución dos bailes, ou ben á escoita por pracer.

O interese da obra vai máis aló da mera práctica, visualización e escoita, ó incluí-la reproducción en cinetografía das danzas e bailes practicados. A cinetografía é un método de escrita aplicado á danza, ideado por Rudolf Laban a comezos do século XX e coordinado nesta obra por János Fügedi, profesor na Academia Húngara de Danza e investigador do Instituto de Musicoloxía da Academia Húngara das Ciencias. Xunto a el, son autores deste proxecto Xabier Iglesias (mestre de baile tradicional galego e investigador da cultura tradicional), Juan Parga (músico e mestre especializado en Educación musical) e Sergio de la Ossa (etnomusicólogo).

Este traballo está dirixido principalmente a profesores de Educación Primaria e Secundaria, animadores culturais, monitores de tempo de lecer e mestres de baile tradicional, sen esquecer ás familias que queiran iniciar ós nenos nos nosos bailes e danzas, que conforman parte destacada do noso patrimonio cultural inmaterial.

Os principais intérpretes son, en canto ós instrumentos, Juan Parga (gaita e acordeón), Pablo Varela (gaita), Loli Fernández (pandeireta, tambor) e Miguel Horjales (bombo). En canto ás voces, Loli Fernández, Loli Nogueira, María José Villaverde, Noa Migal, Xanana Salgado, Beatriz Díaz, Patricia López, Trinidad Dopazo e Míriam Luaces.

30 Decembro 2009 - Posted by | Dance, Education, Folklore, Galicia, Galician bagpipe, Music, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s