Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Liñaio (Negreira): encontran tramo de calzada romana

Coñezo, a través de Carlos Cabanillas, unha noticia sobre o patrimonio histórico galego. Copio dúas reseñas, case idénticas, que encontrei…

“Localizan un tramo da calzada romana Per Loca Marítima ou Vía XX, na parroquia de Liñaio” (web do Concello de Negreira, 5 – I – 2010)

Na pasada semana foi localizado no concello de Negreira un tramo da calzada Per Loca Marítima ou Vía XX, unha das máis importantes vías romanas que, pola costa, recorría a Gallaecia dende a cidade de Bracara ata Astorga. A Alcaldía negreiresa está estudando a posibilidade de realizar un estudo arqueolóxico para delimitar o trazado desta Vía romana polo noso concello.

A vía entraría no termo municipal de Negreira dende a veciña parroquia brionesa de Viceso –que aparece nos documentos medievais co nome de Víae cessum-, cruzando o río Tambre pola xa desaparecida Ponte Pías, na aldea de Pontevedra de Liñaio –Pons vétera ou ponte vella-, e continuaba pola parroquia de Xallas.

O tramo localizado é coñecido como A Calzada ou tamén como Costa da Brea, cuxo topónimo segundo as pesquisas realizadas polo académico Trapero Pardo identifícase case sempre en Galicia con calzada romana. A plataforma, duns cen metros de longo, cruza de Sur a Norte polo centro dunha empinada ladeira, de xeito rectilíneo, características estas das vías romanas e nalgúns lugares parece que conserva parte do seu pavimento.

Segundo Carré Aldao, neste lado do Tambre estaría ubicada, tanto pola distancia como polos vestixios, a mansión ad dúos pontes, situada entre a de Aquis Celenis (Caldas) e Grandimirum (Brandomil), localidade esta na que aínda se conserva a ponte romana e outros importantes vestixios.

As fontes bibliográficas que fan referencia a este tramo coñecido como Costa da Brea son abondosas e dende fai anos estívose intentando a súa localización o que se fixo complicado dada a orografía do lugar e a dificultade do acceso, pero estes impedimentos parece que facilitaron por outra banda, a súa protección de actuacións viarias posteriores que modificaron ou fixeron desaparecer o resto do trazado que en pequenos tramos parece que aínda se conserva noutros lugares do Concello.

En Negreira son abondosos os vestixios romanos, toponímicos como Vilaserio –Villae cessus- camiño da granxa- ou arqueolóxicos, como arcos de pontes ou aras votivas como as atopadas en Logrosa, adicadas a Xúpiter ou os Deuses Manes, que se conservan na actualidade no Museo do Pobo Galego.

“Una vía romana para Negreira” (El Correo Gallego, 5 – I – 2010)

Encuentran en Camiño da Brea lo que pueden ser los restos de la calzada Per Loca Maritima. Su trazado incluiría el puente destruido para permitir el paso hacia Viceso de los restos del Apóstol. Aparece en el escudo municipal.

Marcos Manteiga. Negreira.

Negreira, capital de A Barcala y territorio de los supertamáricos, da un paso de gigante en su reencuentro con el pasado. Y es que la pasada semana era localizado en este municipio -concretamente en la parroquia de Xallas- un tramo da calzada Per Loca Maritima o Vía XX. ¿Y que significado práctico tiene el hallazgo? Pues, por un lado, constatar que por este valle transitaba “unha das máis importantes vías romanas que, pola costa, recorría a Gallaecia dende a cidade de Bracara ata Astorga”, como apunta el regidor Jorge Tuñas y, por otro, dar sentido al escudo jacobeo, que reproduce el derrumbe del puente das Pías al paso de los romanos que perseguían a los discípulos con los restos del apóstol Santiago.

La prueba, entre comillas, de esta leyenda jacobea recogida en el propio Códice Calixtino, llega además al inicio del que puede ser el Año Santo más concurrido de la historia… y a la alcaldía de Negreira no se le escapa: “Estase a estudar a posibilidade de realizar un estudo arqueolóxico para delimitar o trazado desta Vía romana polo Concello”. La carretera romana entraría en el término municipal de Negreira desde la vecina parroquia brionesa de Viceso, “que aparece nos documentos medievais co nome de Víae cessum, cruzando o Tambre pola xa desaparecida Ponte Pías, na aldea de Pontevedra -Pons vétera o ponte vella- e continuaba pola parroquia de Xallas”.

Precisamente, el tramo localizado es conocido como A Calzada o también como Costa da Brea, topónimo identificado en Galicia en la inmensa mayoría de las ocasiones con calzadas romanas. “A plataforma, duns cen metros, cruza de sur a norte polo centro dunha empinada ladeira, de xeito rectilíneo, características estas das vías romanas e nalgúns lugares parece que conserva parte do seu pavimento”, reseña Tuñas. Según el autor Carré Aldao, en este lado del Tambre estaría ubicada, tanto por la distancia como por los vestigios, la mansión ad dúos pontes, entre la de Aquis Celenis (Caldas) y la de Grandimirum (que sería el actual Brandomil).

Termina el regidor apuntando que “as fontes bibliográficas que fan referencia a este tramo coñecido como Costa da Brea son abondosas e dende hai anos estívose intentando a súa localización o que se fixo complicado dada a orografía do lugar e a dificultade do acceso”. En Negreira existen vestigios romanos, toponímicos como Vilaserío -camino de la granja-, puentes o aras votivas a Jupíter y los manes.

6 Xaneiro 2010 - Posted by | Codex Calixtinus, Education, Galicia, Geography, History

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s