Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Os papeis terman do que lles poñen

Algúns días, de camiño ó traballo, escoito as explicacións do Catecismo que fai José Ignacio Munilla Aguirre (agora bispo de Donostia e antes bispo de Palencia, entre outros cargos) en Radio María España. As tertulias políticas e radiofórmulas nunca tratan de asuntos humanos (morais, filosóficos, relixiosos…) tan profunda e claramente como ese programa.

Aínda que me formei nunha cultura cristiá, non son cristián e, como se comprenderá en boa lóxica, discrepo no fundamental de calquera cuestión que implique esa fe. Así que o 90% da emisión é para min froito dunha superstición particular, e non dunha relixión que poida chamarse verdadeira. Agora ben, na verdade e na relixión é difícil internarse con palabras. A verdade é como unha cebola: cada día descubrimos unha capa, ás veces incluso amarga, que nos ocultaba a anterior…

Pois ben, hoxe teño que denunciar algo que xa os meus devanceiros analfabetos coñecían: os papeis terman do que lles poñen. Os mass media, afeitos ás falacias e argumentos “ad hominem” da propaganda, entresacaron para os titulares estas palabras dunha entrevista radiofónica a Munilla:

“Existen males mayores que los que esos pobres de Haití están sufriendo estos días”, así es como monseñor Munilla ha comenzado a elaborar una comparación que no iba a acabar bien. “También deberíamos llorar por nosotros, por nuestra pobre situación espiritual, por nuestra concepción materialista de vida”, ha remachado. “Quizás es un mal más grande el que nosotros estamos padeciendo que el que esos inocentes también están sufriendo”, ha lamentado en último lugar.

Na miña opinión é necesario ter humildade e equilibrio para tratar este asunto, pero errare humanum est, “quien tiene boca se equivoca”… Munilla fala moito e por iso se equivoca moito, pero creo que non errou neste caso: se o compromiso dos ricos cos pobres fose auténtico, Haití tería un índice de desenvolvemento humano ou unha mortalidade infantil semellantes ós da veciña República Dominicana. Esta é a aclaración do propio Munilla e, pola miña parte, punto redondo…

Aclaración de un titular injusto

Observo que tras la entrevista que realicé ayer en los micrófonos de la Cadena Ser, se está difundiendo en algunos medios un titular que considero profundamente distorsionador de la realidad: “Existen males mayores que la tragedia de Haiti”. Considero injusto el titular, porque sugiere desinterés por mi parte hacia los damnificados del terremoto.

Precisamente, en esa misma emisora de la Cadena Ser de San Sebastián, se me dio la amable ocasión de hacer una llamada a la solidaridad con los damnificados de Haití. En efecto, anuncié que ya han sido enviados 100 000 € por parte de nuestra Caritas Diocesana de Gipuzkoa, y propuse que las próximas fiestas patronales de San Sebastián tengan una austeridad solidaria en favor de los que están sufriendo en aquel país…

El citado titular está extraído con “forceps” de una pregunta “teológica” que se me hizo, referente a cómo creer en la existencia de Dios ante el sufrimiento de tantos inocentes… Yo expliqué que el mal que sufren esos inocentes no tiene la última palabra, porque Dios les ha prometido la felicidad eterna. En ese contexto, utilicé la expresión “existen males mayores”, refiriéndome explícitamente a otro tipo de mal, al “pecado” de quienes vivimos en los países ricos y somos cómplices de una opulencia insolidaria hacia los pobres. Como es obvio, yo estaba hablando en un plano teológico dando respuesta a una pregunta de índole teológica.

+ José Ignacio Munilla
Obispo de San Sebastián
Administrador Apostólico de Palencia

P. S. Sobre Haití e a República Dominicana, recomendo (comentarios incluídos) un pequeno artigo de Iñaki Berazaluce, ¿Por qué Haití es miserable y República Dominicana (relativamente) rica?. Este artigo menciona un libro que pode ser interesante, “Colapso: por qué unas sociedades perduran y otras desaparecen”, escrito polo biólogo e xeógrafo Jared M. Diamond

16 Xaneiro 2010 - Posted by | Human Rights, Language, Philosophy, Politics, Propaganda, Religion

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s