Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Ditame do Consello da Cultura Galega sobre as “Bases para o decreto do plurilingüismo”

A través da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) coñezo o ditame do Consello da Cultura Galega (CCG) sobre as “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”. Copio a anotación da CTNL:

O Plenario do Consello da Cultura Galega aprobou o 1 de febreiro o seu ditame sobre as “Bases para o decreto do plurilingüismo” [PDF], un documento de 25 páxinas que ofrecemos aquí e no que se conclúe que “en ningún caso se deben tomar medidas que supoñan un paso atrás no proceso de normalización”, que o discurso sobre o idioma debe deixar de formularse “en termos de problema” e que debe cumprirse o consensuado no PXNLG [Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia no 2004].

Neste ditame, ademais de concluír que calquera modificación da normativa legal sobre lingua debe estar arroupada por un “amplo consenso político, social e institucional”, algo que non se dá coas bases aprobadas polo goberno, o CCG insiste na súa proposta de “constitución dunha comisión parlamentar que elabore unha proposta de desenvolvemento consensuado do PXNLG, unha proposta que debera forxarse nos próximos meses e ter como horizonte de aplicación a presente lexislatura”.

En resumo, e en relación coas bases, o ditame do CCG pode sintetizarse nos seguintes 10 puntos:

1. O nome da norma debería facer referencia á promoción do galego.

2. O galego debería seguir sendo a lingua da Administración educativa.

3. A introdución dunha lingua estranxeira como vehicular nun terzo do horario lectivo é, por unha banda, precipitada, e por outra, non ten lugar introducila nun decreto que debería regular o uso das linguas oficiais.

4. A utilización de vehicular dunha lingua estranxeira debería ser, en todo caso, voluntaria.

5. Debe contemplarse a oferta educativa en galego no primeiro ciclo da educación infantil (0-3 anos), tal como sinala o PXNLG.

6. No segundo ciclo de educación infantil (3-6 anos), debe seguirse como criterio xeral o uso na aula da lingua predominante entre o alumnado, mais recomenda prestar unha maior atención á lingua minoritaria nas aulas.

7. Na etapa de educación infantil deben recollerse dúas previsións do PXNLG: o uso do galego nun terzo do horario nos ambientes castelanófonos e a posta en marcha de programas experimentais e voluntarios en galego para castelanfalantes.

8. En Primaria, Secundaria e Bacharelato debe respectarse o sinalado no PXNLG, onde di que “como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego”.

9. As previsións referentes á consulta ás familias sobre a lingua vehicular de parte do ensino deben decaer do decreto.

10. As previsións atinxentes ao uso libre, oral e escrito, do galego e do castelán por parte dos/as estudantes deben ser rectificadas. O principio xeral debe ser o do uso da lingua en que cada materia é impartida.

O informe, aprobado no Plenario do CCG o 1 de febreiro, foi elaborado previamente por unha comisión composta por Henrique Monteagudo, Rosario Álvarez Blanco, Víctor Fernández Freixanes, José Antonio García Caridad, Ramón Máiz e Helena Villar Janeiro. Tamén participaron como asesores Felipe Ferreiro Feijoo e Bieito Silva Valdivia.

Anotacións relacionadas (sen saír do meu blog):

2 Febreiro 2010 - Posted by | Education, Galicia, Language, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s