Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Wilhelm Hauff, copyright 160 anos despois de morto

Será legal, pero non é lexítimo que alguén cobre “direitos de autor” polas obras de García Lorca ou polas de Lope e Calderón, ou polas de Mahler

O escritor e pedagogo Gianni Rodari, que formulaba miles de preguntas como método de creación, respondía a algunhas contundentemente: “¿Por que os reis son reis? Os reis son reis porque o din eles. Pero sono so mentras a xente llelo permite. Cando o pobo se dá conta de que os reis son persoas como as demais e ten forza abondo para botalos, proclámase a república. […]”.

Moitas advertencias que aparecen en libros, discos, películas, etcétera, son so FUD, unha forma de meternos medo. Poñen que están prohibido case todo e que eles teñen tódolos direitos reservados. A lei (e iso que a fan eles) so lles permite reservar algúns direitos; se os usuarios cren que os teñen todos, millor para eles.

Moitas veces o “copyright” está porque os papeis terman do que lles poñen, os reis son reis porque o din eles. Estes días, rexistrando libros para o catálogo da biblioteca escolar, encontrei un libro que poñía “copyright 1988 Wilhelm Hauff” (e, por certo, non poñía nada da tradución, que si podía xerar direitos). Mirei quen era ese autor e resulta que… ¡morreu no 1827! As obras de Wilhelm Hauff están, pois, no dominio público. Accesibles, por exemplo, no Project Gutenberg e en Hauff’s Fairy Tales (University of Pennsylvania).

Sei que é anecdótico, pero pode ser tamén ilustrativo…

10 Febreiro 2010 - Posted by | "Intellectual property", Gianni Rodari, Human Rights, Literature, Politics, Spain

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s