Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Páxinas sobre Uxío Novoneyra

A través da Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) coñezo a existencia da páxina uxionovoneyra.com. Este ano dedícanlle ó poeta Uxío Novoneyra o “día das letras galegas”, así que tomo nota do recurso, por se acaso hai que usalo na escola.

P. S. (24 – II – 2010). Graciñas a Antonio Ferrer Moreira por sinalarme hoxe unha actividade LIM (sigla de Libros Interactivos Multimedia) para o “día das letras galegas”, e por suposto a Xoaquín Freixeiro por facela e compartila: actividade LIM sobre Uxío Novoneyra.

P. S. (16 – IV – 2010). A citada Coordinadora Galega de ENDL recolleu moitos máis recursos educativos sobre Uxío Novoneyra na páxina “Letras Galegas 2010”.

P. S. (26 – IV – 2010). Sara Paz Quiñones, do CPI de San Vicente (A Baña) sinálame un vídeo excelente en cuxa elaboración participou. Leva por título “Os traballos e os días de Uxío Novoneyra”, e inclúe entrevistas a Xosé Luís Méndez Ferrín, Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Olga Novo e Cesáreo Sánchez Iglesias. Aquí vai en dúas partes por culpa do límite de 10 minutos do YouTube, pero pode verse sen interrupción na páxina que citei máis arriba, “Letras Galegas 2010”

1/2

2/2

16 Febreiro 2010 - Posted by | Education, Galicia, Literature, Poetry, Software

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s