Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Salinger: “The Catcher in the Rye”

Acabo de ler, practicamente dunha sentada, “The Catcher in the Rye” (traducido ó español, claro, o meu inglés non dá para tanto). Está ben a novela, fai unha aguda “penetración psicolóxica” no revolto universo mental do ser humano adolescente. E non entendo por que hai tal controversia ou polémica arredor dela. Aínda digo máis, Jerome David Salinger, o seu autor, parece ás veces excesivamente moralizante e politicamente correcto. Quizá se autocensurou para asegura-la publicación da novela (Estados Unidos, 1951, en plena explosión da caza de bruxas, na cal a propaganda estigmatizaba calquera disidencia, real ou percibida, coas etiquetas comunismo e actividades antiamericanas). Quizá a traducción estea igualmente autocensurada, que tamén España tivo a súa “longa noite de pedra” particular (léase por exemplo “La censura cinematográfica en España”, de Alberto Gil)…

O protagonista da novela é un adolescente que, a pesar da súa relativa inadaptación, non emprega a violencia, mantén a virxinidade, considera a homosexualidade unha perversión, ten a Xesús Cristo como referente moral e manifesta virtudes como a xenerosidade ou a sinceridade; que tras unha aventura de fin de semana volve á institución familiar por propia vontade e se nos mostra reconducido á institución escolar a través da institución psiquiátrica. Case parece o fillo pródigo, un futuro xenro perfecto…

Na miña opinión, so unha sociedade como a estadounidense, onde impera o analfabetismo funcional construído a través da alienación e dun “pensamento único” chauvinista e mesiánico, pode ter esta novela na cabeza da lista de libros cuxa prohibición se solicitou en bibliotecas e centros educativos.

O título da novela está inspirado nunha canción do poeta escocés Robert Burns (1759 – 1796):

COMING THROUGH THE RYE.

Tune–“_Coming through the rye._”

[The poet in this song removed some of the coarse chaff, from the old chant, and fitted it for the Museum, when it was first printed.]

I.

Coming through the rye, poor body,
Coming through the rye,
She draiglet a’ her petticoatie,
Coming through the rye.
Jenny’s a’ wat, poor body,
Jenny’s seldom dry;
She draiglet a’ her petticoatie,
Coming through the rye.

II.

Gin a body meet a body–
Coming through the rye,
Gin a body kiss a body–
Need a body cry?

III.

Gin a body meet a body
Coming through the glen,
Gin a body kiss a body–
Need the world ken?
Jenny’s a’ wat, poor body;
Jenny’s seldom dry;
She draiglet a’ her petticoatie,
Coming through the rye.

22 Febreiro 2010 - Posted by | Education, History, Literature, Politics, Propaganda, United States

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s