Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Obedience knows how to keep the rules…

“Obedience knows how to keep the rules; love knows when to break them” (Anthony de Mello)

Tiven a sorte de asistir, no 1997, a un curso de Historia da Música Española co eminente musicólogo José López Calo, a quen case todos chamaban padre Calo porque era xesuíta. Xa profesor emérito, tiña daquela 75 anos, máis que dar clase contaba anécdotas, algunha delas moi interesante.

Eu pregunteille varias veces pola súa transcripción musical do Códice Calistino, en concreto pola peza “Congaudeant catholici”, que segundo algúns estudos podería ser unha das primeiras polifonías a tres voces… A min o que me preocupaba, ademais de saber se a peza era a dúas ou a tres voces, e de descifrar un posible ritmo na notación, era que algúns grupos prestixiosos interpretaban a peza coa escala dórica (unha das típicas no canto gregoriano), cantando sempre “si natural”, outros cantaban unha escala “menor natural” facendo sempre “si bemol”, e outros mesturaban “si natural” e “si bemol”, reservando este último para o “floreo” ou “bordadura” do “la”.

Tiven que insistir, e facer a pregunta doutra forma, para que me contestase. Díxenlle se era correcto interpretar a partitura tal e como estaba no seu libro (escala dórica), e respondeu afirmativamente. Como non quixo darme máis explicacións, e tardou tanto en responder, a miña conclusión é que, como bo científico, non estaba seguro ao cento por cento.

O padre Calo estudara co grande musicólogo Higinio Anglés, e este á súa vez co mestre Friedrich Ludwig (non confundir co pintor homónimo). Pois contounos o padre Calo unha anécdota que lle contara Anglés sobre Ludwig. Dixéralle o mestre Ludwig a Anglés:

“Se un códice non segue as miñas teorías, sigue ao códice”

Isto é: un sabio caracterízase por coñecer as regras e por estar preparado para rompelas cando a ocasión o require. Niso coinciden os místicos, o método científico, a crítica marxiana, e o falsacionismo de Karl Popper. Lamentablemente, o mundo está cheo de talibáns, con turbante, estola ou gravata, aferrándose aos dogmas e matando ou deixando morrer por non rompelos.

24 Febreiro 2010 - Posted by | Anthony de Mello, Codex Calixtinus, Education, Music, Philosophy, Science, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s