Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Mike Prysner on racism, war and the dehumanization of the enemy (2008 video, Spanish subtitles)

Coñecín este vídeo a través dunha boa amiga, á que non vexo desde hai máis de dez anos, pero coa que manteño relación no “faite-bo” (Facebook en trilingüe harmonizado).

Mike Prysner, un ex-militar estadounidense, intervén nun acto organizado por Iraq Veterans Against the War (IVAW) baixo o título “Racism and War: the Dehumanization of the Enemy”. Este acto tivo lugar en marzo do ano 2008, ou antes. Por tanto, o Goberno ó que se refire era o de George W. Bush. Debe quedar claro, con todo, que para Prysner os dous grandes partidos estadounidenses, republicano e demócrata, son algo así como o “poli bo” e o “poli malo” nun contexto represivo, ó defenderen por igual o imperialismo e os intereses das grandes corporacións.

Graciñas a Georgina Miller Carrasco polos subtítulos en español.

As citas do final do vídeo son de James Madison, un dos “founding fathers” dos Estados Unidos. Parecen estar parafraseadas; eu tómoas do Wikiquote

A primeira pertencería a un discurso pronunciado perante a convención de Filadelfia no 1787:

[…] The means of defence against foreign danger, have been always the instruments of tyranny at home. Among the Romans it was a standing maxim to excite a war, whenever a revolt was apprehended. Throughout all Europe, the armies kept up under the pretext of defending, have enslaved the people. […]

A segunda sería dunha carta a Thomas Jefferson, escrita no 1798:

[…] Perhaps it is a universal truth that the loss of liberty at home is to be charged [to] provisions against danger, real or pretended from abroad. […]

9 Marzo 2010 - Posted by | History, Human Rights, Iraq, Politics, United States

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s