Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Salvador Allende

Un amigo faime recordar, cun vídeo, un discurso de Salvador Allende, quizá un pouco inxenuo, ou mesiánico, ou demagóxico, ou propagandístico. Quizá demasiado humano, ou auténtico, ou utópico, ou profético, demasiado corazón, máis Verdade (con maiúscula) da que podemos soportar sen ruborizarnos polas nosas defeccións de cada día (peccantem me quotidie et non me poenitentem). Ó morrer asasinado converteuse en mártir, en símbolo, como Gandhi, King, Romero e tantos outros.

Os mártires, como calquera símbolo, poden facernos ben, se son estímulos e sementes que dan nova vida; ou facernos mal, se os conservamos en formol e a súa melancólica contemplación nos leva a olvidar que no mundo hai millóns de mártires anónimos, a maioría involuntarios, e víctimas, en parte, da nosa pasividade.

Pero non é estraño que molestase ós grandes capitalistas e fose expulsado da presidencia (cambiando o réxime pola cruenta dictadura militar de Pinochet). So hai que escoita-las súas palabras. Extracto (2:17 – 2:37)…

[…] La base política de mi Gobierno está formada por marxistas, por laicos y cristianos, y respetamos el pensamiento cristiano cuando ese pensamiento cristiano interpreta el verbo de Cristo que echó a los mercaderes del templo. […]

Se non entendín mal a mensaxe evanxélica (Mateo, capítulo 19), para seguir a Cristo o ideal é vender todo o que un ten e da-lo diñeiro ós pobres. Logo a intersección entre “cristiáns” e “capitalistas” tende ó conxunto vacío. Deposuit potentes de sede et exaltavit humiles…

4 Maio 2010 - Posted by | Chile, History, Human Rights, Music, Philosophy, Politics, Religion, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s