Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Minerva NOJ: ¿cando chegará o software libre á administración?

A implantación do programa Minerva NOJ (que algúns políticos califican case como panacea) está a xerar graves problemas nalgúns xulgados: necesita moitos recursos de hardware, falta formación nos funcionarios, hai retrasos en actuacións, colapso de servizos técnicos, etcétera. Buscando “Minerva NOJ” en Google Noticias aparecen moitas referencias. Poño exemplos:

  • Nesta da Coruña a fotografía deixa entrever un escritorio Windows. Reservo o comentario para a fin.
  • Nesta de Asturias recollen protestas dun sindicato: “[…] CSIF ha acusado hoy al Principado de Asturias de generar una situación de “desconcierto e inseguridad jurídica” a los trabajadores al servicio de la Administración de Justicia por las carencias y la insuficiente formación asociada a la puesta en funcionamiento del nuevo sistema de gestión procesal, Minerva NOJ. […]”
  • Nesta de Aragón obsérvase como a administración funciona porque hai traballadores responsables que corrixen os desastres dos políticos (disto dou fe, levo nove anos como docente en escolas públicas): “[…] La previsión de algunos magistrados, secretarios y funcionarios y la existencia de avances tecnológicos como los pen-drive permitieron aplicar un plan B en numerosas oficinas: habían guardado las plantillas necesarias para salir del apuro […]”

Creo sinceramente que estas cousas non sucederían se as administracións usasen software libre desenvolvido coa colaboración da comunidade de usuarios (como se desenvolve o Firefox ou o OpenOffice.org). E creo que isto non é utópico, so hai que transferir o que xa saben en centros como o CENATIC (España) e o Mancomún (Galicia) para o resto das cabezas da hidra burocrática.

Pregunta retórica: Cui prodest? Traducido: ¿Quen se beneficia? (de que as cousas se fagan así de mal).

6 Maio 2010 - Posted by | "Intellectual property", Galicia, Politics, Software, Spain

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s