Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Os teleñecos e o seu “Mana mana”

“Mana mana”, canción dos teleñecos (así chamaron en España ós Muppets). A música está moi ben, sobre todo para os nenos. E a letra concorda bastante ben co encefalograma case plano da maioría dos adultos, entre os cales me inclúo… :-/

P. S. Comenta un amigo que a letra é efectiva porque cada un entende o que lle parece. O coro di aló no fondo “Ser dun tempo e dun país: eis o segredo da verdadeira poesía” ou igual son psicofonías, ou faíscas da esquizotipia posmoderna.

P. S. (2) Lista (non exhaustiva) de psicotrópicos universais e gratuítos:

  • hormonas e neurotransmisores do “sistema operativo” humano (demasiado humano)
  • cambios de luz solar e presión atmosférica (por aquí chámanlles estacións)
  • “deprivación” de necesidades fisiolóxicas como durmir, comer ou incluso relacionarse cos semellantes (que lles pregunten ós de Guantánamo, por exemplo)
  • ideoloxías alienantes (nese caixón de sastre ou “desastre” poden ir a propaganda dominante e moitas formas de relixión, “opio do pobo”…)
  • arte en xeral e música en particular

Confeso que eu, como Obélix, caín na marmita de pequeno (polo menos na marmita da música, da poesía e da relixión), así que o café, non gratuíto pero accesible e combinado con calquera dos anteriormente citados psicotrópicos, abonda para facerme alucinar. Non é por establecer paralelismos, pero, segundo a lenda, o descubridor do café foi un pastor etíope que viu brincar as súas cabuxas logo de probaren esta planta…

6 Maio 2010 - Posted by | Education, Literature, Music, Nature, Philosophy, Poetry, Politics, Propaganda, Religion, Visual arts, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s