Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Esponear

Oínlle a palabra esponear a un amigo da Pontenova, concello galego que linda con Asturias. Como non coñecía a palabra, pregunteille que significaba, e díxome que “facer xestos para chama-la atención de alguén”. Sería pois sinónimo de acenar, palabra antiga no galego (ver Dicionario de dicionarios do ILG) e compartida co portugués (ver Dicionário Priberam da Língua Portuguesa).

Non encontrei esponear en dicionario ningún, galego, portugués ou español, pero si a variante esponiar, no Dicionário Electrónico Estraviz, e antes no Vocabulario de San Xurxo de Piquín (Aníbal Otero Álvarez, 1977; ver referencia no Dicionario de dicionarios do ILG)…

  • Gesticular com os braços, em especial para espantar uma rês.
  • Sacudir os cornos ou o rabo uma vaca.

Ignoro a procedencia da palabra e teño que contentarme facendo hipóteses sen consistencia etimolóxica. Misturando semellanzas fónicas e semánticas, quizá estea relacionado con espoldrexar, que segundo o Dicionario de Galego Ir Indo significaría “[…] Dar brincos ou choutos un poldro. […] Brincar ou saltar unha persoa. […] Botarse un animal ao chan e dar voltas sobre el coas patas cara a arriba. […] Sacudir as aves as súas ás na auga ou na terra para espelilas.” ou con espolonear, que segundo a RAE (Diccionario de la lengua española) significa “Picar con el espolón a la caballería”.

12 Maio 2010 - Posted by | Galicia, Language

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s