Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

“Historias de Pi” (documental de divulgación científica)

Documental de divulgación científica titulado “Historias de Pi” (da serie Universo matemático). A estrela é o número pi, desde os traballos clásicos de Euclides (fl. ca. 300 a. C.), Arquímedes (ca. 287 a. C. – ca. 212 a. C.), Ptolomeo (ca. 90 – ca. 168) e Zu Chongzhi (429 – 500) ata as series infinitas elaboradas por Wallis (1616 – 1703), Leibniz (1646 – 1716), Euler (1707 – 1783), Gauss (1777 – 1855), Ramanujan (1887 – 1920), etcétera.

Entre os matemáticos que serviron de conexión entre a ciencia das culturas antigas e medievais e a ciencia da cultura moderna occidental están Al-Khwarizmi (ca. 780 – ca. 850) e Fibonacci (ca. 1170 – ca. 1250).

No primeiro vídeo hai un comentario que alerta sobre unha errata nunha fórmula: disque en (6:17) o oito debería ir dentro dunha raíz cadrada, como aparece despois, en (6:58). A min non me dan as contas de ningunha das dúas formas… :-(

1/3

2/3

3/3

24 Maio 2010 - Posted by | Education, Geography, History, Science

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s