Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Rick Perry: o vertido de petróleo foi un “acto de Deus imprevisible”

Rick Perry, gobernador de Texas, dixo que o desastre ambiental que está a vivir o golfo de México era un “acto de Deus imprevisible”. Puido limitarse a dicir que o vertido de petróleo da plataforma Deepwater Horizon (propiedade da compañía BP) fora un “accidente”, o cal seguiría sendo unha falacia, pero a propaganda funcionoulle sempre ben cando usou a palabra “Deus”.

A palabra “Deus” sempre maltratada, manchada de sangue, suor e outros fluídos humanos. A palabra “Deus” humillada no diñeiro: a moeda de Franco dicía caudillo de España por la gracia de Dios; o dólar estadounidense leva escrito in God we trust. Agora a palabra “Deus” cuberta de marea negra.

Texas Governor calls Louisiana oil spill ‘act of God’ [Telegraph, 5 – V – 2010]

[…] Mr Perry used the phrase in a speech in Washington as he defended continuing oil drilling in the Gulf. He said: “From time to time there are going to be things that occur that are acts of God that cannot be prevented.” […]

Esta viñeta fai o millor resumo posible das declaracións de Perry (Nick Anderson para o Houston Chronicle; eu tomeina do Viñetódromo):

—O gobernador de Texas sostén que o vertido de petróleo do golfo foi un “acto de Deus”.

—As compañías petrolíferas son Deus en Texas.

24 Maio 2010 - Posted by | Humour, Nature, Politics, Propaganda, United States

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s