Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

O decreto 79/2010 e a falacia do “plurilingüismo” no ensino

Publicouse no DOG de hoxe (25 – V – 2010) o decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Sen diálogo non pode haber consenso, e sen consenso non pode haber máis política lingüística que a da imposición. Desgraciadamente, a propaganda pretende que creamos nas súas falacias, como chamarlle “bilingüismo harmónico” á diglosia ou “paz social” á alienación da clase traballadora. Como dixo Tácito, ubi solitudinem faciunt, pacem appellant

Xa desde o título, o decreto usa a equívoca palabra “plurilingüismo”. Pretende desviarse a atención do principal: o uso do galego, que é a lingua necesitada de normalización; e introdúcese un elemento de confusión, a lingua inglesa, como se quixesen intoxicarnos con ese argumento de que o galego é inútil, logo hai que desprazalo como lingua “vehicular” en beneficio doutras máis útiles. O decreto, coa escusa do “equilibrio”, prescribe un esquizofrénico reparto: certas materias deben impartirse en galego, outras en español; chama a atención o caso das Matemáticas. ¿Serán tan catetos que xulgan intraducible o teorema de Pitágoras? As piores consecuencias, coma sempre, han de sufrilas os alumnos, en especial aqueles que teñen como lingua materna o galego.

Este decreto tivo unha xestación longa e dolorosa; mesmo provocou unha folga (21 – I – 2010) no ensino, un sector moi pouco sindicado e que dificilmente se mobiliza. Hai poucos días (17 – V – 2010), unha grande manifestación encheu a praza do Obradoiro rexeitando esta norma, que agora ve a luz. Como dixo Horacio recordando unha das fábulas de Esopo, parturient montes, nascetur ridiculus mus. O malo é que non temos gato, e o rato está a saquear as despensas da educación pública… :-(

Máis información:

Anotacións relacionadas (sen saír do meu blog):

25 Maio 2010 - Posted by | Education, Galicia, Language, Politics, Propaganda

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s