Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Contra a central eléctrica no río Eo (Ribeira de Piquín)

O pasado domingo (23 – V – 2010) houbo unha manifestación na Pontenova. Pescadores, viciños e ecoloxistas protestaron contra o proxecto de central hidroeléctrica no río Eo, á altura de Ribeira de Piquín. As autoridades non deberían autorizar este proxecto, porque toda esta zona está protexida como reserva da biosfera e contén varios lugares de importancia comunitaria (LIC). Como referencia, poden verse os mapas na páxina do Concello da Pontenova. Para seguir informados, hai un grupo en Facebook chamado “Non á central eléctrica no río Eo na Ribeira de Piquín” e unha páxina “non oficial” da Pontenova, pontenova.es

Este é o vídeo co resumo dos motivos que se deron na propia manifestación:

O proxecto inicial impulsouno no 1922 José Otero Pereiro (daquela tiña sentido porque non había luz nas casas) e “resucitouno” no 2005 o empresario Miguel García Gesto-Fraga.

26 Maio 2010 - Posted by | Galicia, Nature, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s