Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Victoria: “O magnum mysterium” (Schola Sancti Pauli, Gabriella Fodor)

“O magnum mysterium” é unha das miñas obras corais preferidas. Escribiuna un dos millores compositores do século XVI, Tomás Luis de Victoria. Xa incluín interpretacións desta obra en varias anotacións anteriores:

Aquí canta a Schola Sancti Pauli, coro da cidade húngara de Pécs, dirixido por Gabriella Fodor:

Por certo, Gabriella Fodor fixo a súa tese sobre a música do Codex Calixtinus. Esta obra do século XII, conservada en Santiago de Compostela, contén algúns dos primeiros exemplos de notación polifónica, incluíndo o Congaudeant catholici, que segundo algúns musicólogos pode interpretarse como unha composición a tres voces (xa falei noutra anotación dos problemas para “descifrar” esta peza, e boa parte da polifonía medieval).

No artigo de Eva Esteve Roldán “La polifonía en el Códice Calixtino” poden verse, como exemplos musicais “E” e “F”, as edicións que do Congaudeant catholici fixeron José López Calo e outras, como a do mestre de López Calo, Higinio Anglés, e a do mestre de Anglés, Friedrich Ludwig. To be continued…

2 Xuño 2010 - Posted by | Codex Calixtinus, Galicia, Music, Tomás Luis de Victoria, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s