Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

NFPA 704

Coñecín hoxe o sistema NFPA 704, que usan nos Estados Unidos para etiquetar as substancias segundo sexan máis ou menos perigosas. No diagrama (ou rombo ou diamante) deseñado por Günter Hommel hai catro cadrados ou rombos:

  • fondo azul: risco para a saúde (de 0 a 4)
  • fondo vermello: risco de lume (de 0 a 4)
  • fondo amarelo: reactividade (de 0 a 4)
  • fondo branco: outros riscos específicos como radioactivo, reactivo coa auga, corrosivo, oxidante, ácido, alcalino (base), gas asfixiante…

Este é un diagrama explicativo que aparece na web de protección civil de Port Richmond:

As substancias menos perigosas, como a auga, teñen un diagrama no que aparecen tres ceros e o cadrado branco baleiro. Nunha lista de substancias aparecen os tres números (ordenados así: “health, fire, reactivity”, saúde, lume, reactividade; 0 0 0 para a auga) e despois a abreviatura do risco específico. Na páxina da Texas Agricultural and Mechanical University (Escola de Odontoloxía) podedes encontar códigos NFPA 704 para centos de substancias químicas.

Intentei encontrar un diagrama cos valores que aparecen na imaxe, pero é raro que unha substancia sexa moi inflamable e ademais reaccione coa auga. Deixando aparte iso, os que máis se aproximan son o ácido pícrico (3 3 4) e o óxido de propileno (3 4 2).

Máis información en varias anotacións do blog “Seguridad en Ambientes Laborales”, escrito polo enxeñeiro Daniel Aníbal Epíscopo:

15 Xuño 2010 - Posted by | Education, Human Rights, Politics, Science, United States

1 comentario »

  1. Hola Cesar.

    Nobleza obliga, debo agradecer tu mención a nuestra página de Seguridad en Ambientes Laborales.

    Desde la ciudad de La Plata, Argentina, un gran saludo.

    Ing. Daniel Epíscopo

    Comentario por seguridadyambiente | 21 Abril 2011


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s