Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Lasso: “Timor et tremor venerunt super me”

Coñecín a obra “Timor et tremor”, composta por Orlando di Lasso (ca. 1532 – 1594), hai moitos anos, nun disco excelente dos Tallis Scholars (Gimell CDGIM 018). É unha xoia. Para min destacan o figuralismo (word painting) e o cromatismo, que me fai pensar en compositores como Tallis, Gesualdo ou Marenzio

Aquí canta o Vokal Ensemble München (director, Martin Zöbeley) no festival Musica Sacra International, que reúne músicas relixiosas cristiás, xudías, islámicas, budistas e hinduístas. Este festival celébrase nos anos pares, alternando coa International Chamber Choir Competition, que se celebra nos anos impares, na vila de Marktoberdorf (en Alemaña pero moi perto das fronteiras con Austria e Suíza). Podedes ver máis vídeos destes festivais no canal en YouTube de Dolf Rabus.

Timor et tremor venerunt super me,
et caligo cecidit super me:
miserere mei, Domine, miserere mei,
quoniam in te confidit anima mea.
Exaudi, Deus, deprecationem meam,
quia refugium meum es tu et adjutor fortis.
Domine, invocavi te, non confundar.

O texto parece un collage elaborado con varios salmos. Conseguín identificar que o primeiro verso é do salmo 55:6 e o séptimo verso é unha paráfrase do salmo 31:18. Eu uso a Nova Vulgata. Digo isto porque os textos e a numeración de salmos e versículos varían segundo a fonte. Dous exemplos: na Vulgata o salmo que eu cito como 55 é o 54; e na King James Version o versículo que eu cito como 6 é o 5…

As obras de Orlando di Lasso pertencen ao dominio público. Nestes enlaces hai transcripcións gratuítas e “escaneados” de edicións comerciais antigas:

16 Xuño 2010 - Posted by | Lasso, Music, Religion, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s