Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Ser ateo

Eu creo en Deus, pero non pertenzo a Igrexa ningunha, ao estilo masónico ou ilustrado. Cada pouco encontro alguén que di “ser ateo”. A linguaxe é imprecisa por natureza e intentarei aclarar as miñas ideas… Non podo comprender (pode que a miña mente sexa moi curta) que alguén racional se declare seguidor dunha relixión chea de dogmas, como as “relixións do libro” (xudeus, cristiáns, musulmáns…). Pero, por motivos similares, tampouco podo comprender que alguén racional se declare ateo. Falo dun ateísmo strictu senso, que non é a negación do dogma, senón o dogma da negación. Ou diso que dicía o salmo 53, Dixit insipiens in corde suo: “Non est Deus” (Nova Vulgata).

Estou de acordo en promover o laicismo e en que deben denunciarse as moitas formas de relixión e as moitas Igrexas que nos prexudican en vez de favorecernos, e que nos oprimen en vez de liberarnos. Non obstante, opino que a posición racional do que non ten fe debe chamarse escepticismo (filosófico ou científico) ou agnosticismo.

Admiro como biólogo a Richard Dawkins, autor de “The Selfish Gene”, pero penso que nos últimos anos está a desperdiciar o seu talento cando usa argumentacións propias do ateísmo nas súas xustificadas e benintencionadas denuncias das relixións. Na “escala de ateísmo” que usa no libro The God Delusion, que vai de 0 a 7, el di estar moi próximo do 7, pero non no 7, porque el mesmo recoñece que un científico honesto non pode declararse ateo strictu senso.

Conclúo cunha cita dun escéptico famoso, Samuel Langhorne Clemens, máis coñecido como Mark Twain, que tomo doutro blog (“Rational thoughts from a religious skeptic”)…

We despise all reverences and all the objects of reverence which are outside the pale of our own list of sacred things. And yet, with strange inconsistency, we are shocked when other people despise and defile the things which are holy to us.

17 Xuño 2010 - Posted by | Language, Philosophy, Religion, Science

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s