Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Nomes propios e comúns, abstractos e concretos, etc.

Se facemos caso da Gramática da lingua galega do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato (vol. II, “Morfosintaxe”; A Nosa Terra, Vigo, 2000; ISBN: 978-84-95350-29-9), os “nomes” poden funcionar como “substantivos”, como “adxectivos” ou variar de función segundo o contexto. Nesta obra, os nomes clasifícanse así:

  • 1. Propios
  • 2. Comúns [non propios]
    • 2.1. Abstractos
    • 2.2. Concretos [non abstractos]
      • 2.2.1. Continuos ou de materia [tradicionalmente chamados “non contables”]
      • 2.2.2. Descontinuos ou xenéricos [non continuos; tradicionalmente chamados “contables”]
        • 2.2.2.1. Colectivos
        • 2.2.2.2. Individuais [non colectivos]

O diagrama de resolución de problemas é simple e elegante: se unha das preguntas (propio?, abstracto?, continuo?) ten un “si” por resposta, detense a análise; so hai que seguir analizando se a resposta é “non”.

Se facemos caso da Gramática da lingua galega dos profesores Rosario Álvarez Blanco e Xosé Xove Ferreiro (Galaxia, Vigo, 2002; ISBN: 978-84-8288-335-9), podemos usar indistintamente os termos “nome” e “substantivo”. A clasificación é un pouco máis complicada, aínda prescindindo das oposicións xeradas polos trazos “animado / non animado” e “humano / non humano”…

  • 1. Propios
  • 2. Comúns [non propios]
    • 2.1. Continuos [tradicionalmente chamados “non contables”]
      • 2.1.1. Abstractos
        • 2.1.1.1. Colectivos (sen exemplo; clase baleira?)
        • 2.1.1.2. Non colectivos (exemplo: paciencia)
      • 2.1.2. Concretos [non abstractos]
        • 2.1.2.1. Colectivos (exemplo: público)
        • 2.1.2.2. Non colectivos (exemplo: leite)
    • 2.2. Descontinuos [non continuos; tradicionalmente chamados “contables”]
      • 2.2.1. Abstractos
        • 2.2.1.1. Colectivos (sen exemplo; clase baleira?)
        • 2.2.1.2. Individuais [subclase dentro dos “non colectivos”] (exemplo: ascenso)
      • 2.2.2. Concretos [non abstractos]
        • 2.2.2.1. Colectivos (exemplo: enxame)
        • 2.2.2.2. Individuais [subclase dentro dos “non colectivos”] (exemplo: abella)

Desde a miña ignorancia, e a falta dun estudo casuístico máis elaborado ou doutros elementos de xuízo, prefiro (para a escola primaria) a clasificación máis simple, como disque facía Guillerme de Occam. Penso que profesores e alumnos aforramos dores de cabeza…

5 Outubro 2010 - Posted by | Education, Galicia, Language

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s