Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

pirata.cat xa é oficial

Chégame a noticia a través de Ángel Vázquez Hernández, quen a copia de José Manuel Goig. Xa levaba tempo organizándose, e agora ten recoñecemento oficial. Falo do partido dos piratas de Cataluña, pirata.cat.

Que o nome non nos leve a confusión. Inspírase no do Partido Pirata sueco e os seus membros non andan a vender discos ilegais con cancións, películas ou software. Ao contrario, entre os seus membros habedes encontrar pouco software “pirateado” porque case todos usan software libre (non so polas vantaxes que comporta, senón tamén por coherencia ética). O nacemento de pirata.cat é unha boa noticia, porque vai fomentar en Cataluña e no resto de España unha discusión constructiva sobre os eixos da súa política:

  • a democracia
  • os direitos humanos
  • a reformulación do actual modelo de “propiedade intelectual”

Os dous primeiros puntos soen ser comúns á maioría dos partidos políticos, aínda que o significado e a interpretación dos termos “democracia” e “direitos humanos” sexan diversos. O terceiro fala do actual modelo de “propiedade intelectual”, que é un modelo inxusto porque permite a un oligopolio lucrarse abusivamente coa cultura e co coñecemento. Hoxe danse paradoxos terribles, que agora (con pirata.cat en escena) terán maior visibilidade, por exemplo o dalgunhas patentes das industrias farmacéutica e agrobiolóxica (que obstaculizan a innovación e contribúen á morte de miles de persoas) ou o da esaxerada persecución do “top manta” (delicto non violento, que produce un lucro cesante ridículo se o comparamos cos beneficios das discográficas, pero castigado con penas de prisión).

Boa sorte a pirata.cat. Como dixen tantas veces, que Deus bendiga aos que comparten beleza e cultura.

6 Outubro 2010 - Posted by | "Intellectual property", Human Rights, Politics, Spain

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s