Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Comedores escolares

De entre as moitas disfuncións das que adoecen as nosas escolas, destaca que están a decrecer na súa dimensión educativa mentras crece sen control (como o cancro no corpo humano) a súa dimensión asistencial, de forma que as escolas case se converteron en aparcadoiros de nenos. Un aspecto que a sociedade en xeral non coñece suficientemente é o poder que detentan as empresas de transporte escolar sobre os horarios das escolas. Pero hoxe quero falar dos comedores.

Chama poderosamente a atención que as coidadoras ou colaboradoras, póñoo así porque soen ser mulleres, nais e desempregadas (vaia, case as teñen todas) son voluntarias, noutras palabras, non teñen contrato nin Seguridade Social (nin direito á folga, etcétera). A pesar de que o seu horario non constitúe unha xornada laboral comparable á doutros traballadores, hai algo que non me parece discutible: fan un traballo e asumen unha responsabilidade que non estamos a recoñecer adecuadamente. Por non falar da súa retribución: nove euros diarios, pero so se contan os días lectivos, co cal sae un máximo mensual duns cento oitenta euros.

Isto contrasta co obsceno sistema de subvencións. No comedor onde xanta o meu fillo, o que máis paga so ten que poñer 3,15 euros por día lectivo, uns sesenta euros ao mes, cando hai rendas altísimas no noso barrio. Eu, que non son rico pero de momento podería pagar sen problema o 100% e máis, teño unha rebaixa do 50% e pagarei uns trinta euros ao mes. Os gobernantes deben reler urxentemente o artigo 31.1 da Constitución Española e lexislar en consecuencia:

Todos contribuirán al sostenimiento de los gastos públicos de acuerdo con su capacidad económica mediante un sistema tributario justo inspirado en los principios de igualdad y progresividad […]

30 Setembro 2011 - Posted by | Education, Galicia, Human Rights, Politics, Spain

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s