Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Liberqué, igualiquién, fraternicuándo

Vivimos tempos de SMS, de tweet, de viñeta, de graffiti, de slogan e de spot publicitario. Xa se considera extensa (tl;dr) algunha entrada de blog ou columna xornalística.

Estas formas de expresión moven máis a nosa mente emotiva que a nosa mente cognitiva, e por si mesmas non serven para a elaboración de conceptos ou para o diálogo, pero se unha mensaxe breve atinxe a profundidade dun aforismo ou a beleza dun haiku, entón traspasa o noso cerebro e o noso corazón a un tempo, iluminando a realidade desde unha nova perspectiva, que axudará a un novo diálogo e a unha nova conceptualización. Como dicían os de Ronseltz:

O poema é unha pedrada na cabeza.
Por iso recomendamos aos lectores que usen casco.

Este graffiti reproduce unha creación do poeta neorrabioso. Protesta contra a propaganda que nos vende unha transición á democracia, unhas conquistas sociais, un “Estado do benestar”… Fai preguntas retóricas usando os elementos do lema revolucionario francés Liberté, égalité, fraternité (clicar para ampliar)…

Sobre o asunto da liberdade vin estes días unha boa viñeta de Forges:

E outra de Bernardo Erlich:

Que aproveite…

10 Outubro 2011 - Posted by | Humour, Literature, Philosophy, Poetry, Politics, Propaganda, Visual arts

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s