Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Mattheson: suite X en “mi menor” (Fernando De Luca, cravo)

Johann Mattheson (1681 – 1764) foi compositor e teórico musical.

Tres anécdotas sobre a súa vida:

  • Mattheson e Handel renunciaron a suceder ao grande organista Buxtehude porque unha das condicións era casar coa súa filla (1703).
  • Aínda que Mattheson e Handel eran amigos, discutiron por cuestións musicais, fixeron un duelo e Mattheson case mata a Handel durante a pelexa (1704). Logo reconciliáronse.
  • A obra de Mattheson Grundlage einer Ehren-Pforte (1740) era un dicionario biográfico dos músicos da época, pero Johann Sebastian Bach non aparece, e o artigo máis longo é o dedicado ao propio Mattheson.

O que se pode escoitar aquí é a interpretación que fai Fernando De Luca, ao cravo, da suite X en “mi menor”, incluída na obra Pieces de clavecin en Deux Volumes Consistant des Ouvertures, Preludes, Fugues, Allemandes, Courantes, Sarabandes, Giques et Aires (1714)…

Hai partituras desta obra na páxina de Johann Mattheson no WIMA.

27 Outubro 2011 - Posted by | Buxtehude, Handel, Harpsichord, History, Johann Sebastian Bach, Keyboard music, Mattheson, Music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s