Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Malalai Joya: o risco de dicir verdades en Afganistán

Malalai Joya é unha xoven muller afgana, activista social, que promove a democracia, os direitos das mulleres e a separación entre relixión e política. O pobo votou para que fose parlamentaria, e exerceu como tal entre o 2005 e o 2007. Nese ano suspendérona como parlamentaria por denunciar que algúns parlamentarios e gobernantes eran señores da guerra, fundamentalistas, criminais de guerra e traficantes de drogas. Desde entón vive ameazada de morte. Algunhas frases súas que me impresionaron, no contexto da súa vida marcada pola guerra:

  • “Este parlamento é pior que un cortello. Un cortello é millor, porque alí tes un burro para levar a carga e unha vaca que che dá leite.”
  • “Mataranme pero non calarán a miña voz, porque será a voz de todas as mulleres afganas. Podes cortar unha flor, pero non podes deter a chegada da primavera.”

Podedes ver unha entrevista a Malalai Joya (27 minutos) realizada no 2008 por Tania Gálvez San José.

31 Outubro 2011 - Posted by | Afghanistan, Human Rights, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s