Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Schütz: “Also hat Gott die Welt geliebt” SWV 380

Traio hoxe unha preciosa obra vocal composta por Heinrich Schütz (1585 – 1672): “Also hat Gott die Welt geliebt” (SWV 380, incluída na colección Geistliche Chormusik, Dresden, 1648). Pode verse unha transcripción desta peza na páxina de obras de Schütz no Werner Icking Music Archive, e alí parece que Schütz a escribiu para cinco voces (SATTB), pero queda moi ben aquí: canta, con voz de anxo, a soprano Mary Alice Thomy Bogue, acompañada ao órgano por Mark Husey:

Also hat Gott die Welt geliebt,
daß er seinen eingebornen Sohn gab,
auf daß alle, die an ihn gläuben,
nicht verloren werden,
sondern das ewige Leben haben.

O texto é bíblico: Xoán 3:16 (ver os textos en varios idiomas coa Bible Gateway). Algunha palabra varía respecto á forma actual. Por exemplo, na Lutherbibel 1545 pon “gleuben”, que eu escribo “gläuben” (con Umlaut) e que sería a antiga conxugación do subxuntivo do verbo “glauben”. No alemán contemporáneo esa palabra non leva Umlaut.

P. S. (28 – XI – 2011). Traio outra boa versión, esta cantada a cinco voces polo Calmus Ensemble Leipzig:

P. S. (30 – XI – 2011). E outra máis, cantada polo Vokalensemble Accordare:

P. S. (26 – VII – 2012). Nestoutra pódese seguir a partitura mentras se escoita a música:

25 Novembro 2011 - Posted by | Music, Schütz, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s