Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Die Schöpfung (Haydn): “Die Himmel erzählen die Ehre Gottes” (René Jacobs)

Joseph Haydn (1732 – 1809) compuxo o oratorio titulado Die Schöpfung (A creación) entre 1796 e 1798, cando Mozart xa morrera e Beethoven aínda esbozaba o estilo que, na súa madureza, había de ser culminación e superación do clasicismo musical.

O texto deste oratorio trata da creación por Deus do universo e da humanidade. Usa como fontes dous libros da Biblia (Xénese e Salmos) e o poema épico Paradise Lost, publicado por John Milton no 1667. A pesar de partir dun proxecto de libretto en inglés, Haydn compuxo e estreou o oratorio en alemán, como Die Schöpfung, e a primeira edición, aínda sendo bilingüe, presenta graves defectos na prosodia da parte inglesa (corrixidos en recentes edicións como a de Paul McCreesh).

O oratorio divídese en tres partes (duración aproximada, dúas horas) e nel interveñen, ademais da orquestra e o coro, cinco personaxes: Eva (soprano), Adán (baixo), e os tres anxos Gabriel (soprano), Uriel (tenor) e Rafael (baixo). O normal é que se represente con tres solistas, porque unha soprano pode cantar os papeis de Gabriel e de Eva, e un baixo pode cantar os papeis de Rafael e de Adán.

O vídeo que poño como exemplo é o final da primeira parte (xa puxen esta música noutra anotación). Non hai Adán nin Eva, porque aínda estamos entre o “terceiro día” e o “cuarto día” da creación, así que os solistas que cantan son os tres anxos. Pásase da tonalidade “dó menor” inicial á tonalidade “dó maior”, como mostrando o paso das tebras á luz. Moitas liñas melódicas son simples escalas, como dicindo que o universo se compón da suma ordenada de pequenas pezas. E que dicir dese “la” dos tenores! Os intérpretes son a Freiburger Barockorchester, o RIAS Kammerchor, Inger Dam-Jensen (soprano), Jeremy Ovenden (tenor), Johannes Mannov (baixo) e René Jacobs (director). Anécdota: o tenor confúndese na frase conclusiva dun dos recitativos; di “Er machte die gleichfalls Sterne” en lugar de “Er machte die Sterne gleichfalls”. Por certo, vaia forma tan estrañamente austera de falar da creación das estrelas…

Texto:

[9. Recitativo] Und die himmlischen Heerscharen verkündigten den dritten Tag, Gott preisend und sprechend:

[10. Coro] Stimmt an die Saiten, ergreift die Leier, laßt euren Lobgesang erschallen! Frohlocket dem Herrn, dem mächtigen Gott, denn er hat Himmel und Erde bekleidet in herrlicher Pracht!

[11. Recitativo] Und Gott sprach: Es sei’n Lichter an der Feste des Himmels, um den Tag von der Nacht zu scheiden und Licht auf der Erde zu geben, und es seien diese für Zeichen und für Zeiten und für Tage und für Jahre. Er machte die Sterne gleichfalls.

[12. Recitativo] In vollem glanze steiget jetzt die Sonne strahlend auf, ein wonnevoller Bräutigam, ein Riese stolz und froh, zu rennen seine Bahn. Mit leisem Gang und sanftem Schimmer schleicht der Mond die stille Nacht hindurch. Den ausgedehnten Himmelsraum ziert ohne Zahl der hellen Sterne Gold. Und die Söhne Gottes verkündigten den vierten Tag Mit himmlischem Gesang, seine Macht ausrufend also:

[13. Coro] Die Himmel erzählen die Ehre Gottes, und seiner Hände Werk zeigt an das Firmament.

[Solistas] Dem kommenden Tage sagt es der Tag, sie Nacht, die verschwand, der folgenden Nacht:

[Coro] Die Himmel erzählen die Ehre Gottes, und seiner Hände Werk zeigt an das Firmament.

[Solistas] In alle Welt ergeht das Wort, jedem Ohre klingend, keiner Zunge fremd:

[Coro] Die Himmel erzählen die Ehre Gottes, und seiner Hände Werk zeigt an das Firmament.

4 Xaneiro 2012 - Posted by | Joseph Haydn, Music, Oratorio, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s