Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Recordando a Óscar Romero

Este é un dos fragmentos de homilía máis coñecidos de Óscar Romero:

É importante escoitar integramente esta outra homilía, pronunciada por Óscar Romero pouco antes do seu asasinato. Nos primeiros minutos non se aparta moito das mensaxes pastorais correntes, fai referencias aos textos bíblicos e á intervención de Deus na Historia. Pero logo dedica a parte central a describir os horrores da represión, as torturas, as “desaparicións”, as “execucións extraxudiciais”… Pon de manifesto non so a desproporción entre a violencia “de esquerdas” e a violencia “de direitas”, senón tamén a desconexión entre ambas, xa que a violencia represiva se exerce contra actores políticos non violentos, como sindicalistas, mestres e campesiños. Óscar Romero é un exemplo marabilloso de conversión, e o seu discurso é un exemplo marabilloso de ética: é moi distinto ser xusto a ser equidistante. Recoñecendo e explicitando as virtudes e os defectos que, desde a súa perspectiva, tiñan as accións dos diversos actores, Óscar Romero toma partido polos oprimidos, e pide a conversión de todos, pero sobre todo daqueles que máis lonxe están dela, isto é, dos opresores.

“Homilía de monseñor Romero” 1/3:

“Homilía de monseñor Romero” 2/3:

“Homilía de monseñor Romero” 3/3:

O asasinato de Óscar Romero foi no 1980. Para saber máis sobre a situación de El Salvador naqueles anos, e sobre a conversión de Óscar Romero, traio un documental, “El Salvador: muerte de un arzobispo”. A súa transformación teolóxica e persoal foi tan grande que pasou de ser inimigo e represor dos teólogos da liberación a ser mártir por predicar esa mesma liberación. O documental non é profundo nin exhaustivo, pero hai máis cousas na rede para completar a información. Lamentablemente, a imaxe é deficiente (creo que procede dunha cinta VHS moi gastada).

“El Salvador: muerte de un arzobispo” 1/5:

“El Salvador: muerte de un arzobispo” 2/5:

“El Salvador: muerte de un arzobispo” 3/5:

“El Salvador: muerte de un arzobispo” 4/5:

“El Salvador: muerte de un arzobispo” 5/5:

18 Xaneiro 2012 - Posted by | El Salvador, History, Human Rights, Politics, Religion

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s