Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Respecto, xustiza, equidistancia: alcalde do BNG ponlle a Fraga unha rúa en Monforte

Manuel Fraga Iribarne morreu o 15 de xaneiro. Foi un político intelixente, soubo manterse sempre perto do poder, primeiro foi destacada figura do franquismo, logo foi un dos protagonistas da “transición” e, por último, conseguiu refundar a “dereita democrática” en España e liderala en Galicia. Alguén con sesenta anos de carreira en distintos Gobernos ten que facer algo bo, aínda que so sexa por cuestións de propaganda, aínda que so sexa para beneficiar ás redes clientelares do caciquismo, aínda que so sexa por unha falaz identificación entre o gobernante e a función redistributiva da Administración. Moita haxiografía se fixo coa morte de Fraga, confundindo o respecto e a equidistancia coa xustiza.

A xustiza non pode ser equidistante. Ten que respectar a todas as persoas, pero unhas morren de “morte morrida”, outras de “morte matada” e outras están “mortas en vida” sen que ninguén se lembre delas. Fraga faría, como dixen, algunha cousa boa, pero de xeito sistemático beneficiou coas súas políticas aos poderosos, aos capitalistas, aos caciques, e foi cando menos cómplice en crimes horribles. Isto é o que escribía Ignacio Escolar, canso de tanto panexírico, o 17 de xaneiro:

“El respeto a los muertos”

Pedro María Martínez, 27 años. Francisco Aznar, 17 años. Romual Barroso, 19 años. José Castillo, 32 años. Bienvenido Pereda, 30 años. Murieron el 3 de marzo de 1976 en Vitoria, cuando la policía disolvió a tiros una asamblea de trabajadores en huelga que se celebraba en una iglesia. Fraga era ministro de Gobernación, el máximo responsable político de la policía que abrió fuego. La calle era suya, de palabra y de facto. Ninguno de estos crímenes fue jamás juzgado.

Enrique Ruano, 21 años. Fue un estudiante de Derecho asesinado en 1969 por la Brigada Político-Social, la policía política de la dictadura. ¿Su delito? Repartir pasquines antifranquistas. Según la versión del régimen, Ruano se suicidó lanzándose por una ventana. Según quedó claro hace unos años, Ruano fue torturado durante cuatro días y después ejecutado de un disparo; de su cadáver se serró el hueso de la clavícula para esconder el agujero de una bala. Fue Fraga, ministro de Información, quien se ocupó de filtrar al ABC una carta de la víctima que lo presentaba como un suicida. Fue también el mismo Fraga quien llamó al padre de Ruano para recordarle que tenía otra hija, para amenazarle, para decirle que se callara.

Julián Grimau, 52 años. Fue un líder comunista fusilado en 1963, después de varios días de torturas –según la versión oficial, también se había lanzado por la ventana–. Fraga participó en el Consejo de Ministros que condenó a “ese caballerete”, como lo despreció en rueda de prensa el entonces ministro de la propaganda de Franco, que hizo todo lo posible para impedir el indulto que pedían otros políticos de la dictadura.

Manuel Fraga Iribarne, 89 años. Murió este domingo en la cama. Además de estas sombras, Fraga también tuvo sus luces, como habrán oído o leído ya en un sinfín de obituarios que suelen olvidar estos otros nombres, estos otros muertos que también conviene recordar.

Descanse (descansen) en paz.

Isto vén a conto porque o pleno do Concello de Monforte aprobou antonte dedicarlle unha rúa a Manuel Fraga Iribarne. Copio un extracto da información que aparece na súa páxina web:

[…] A outra moción dos populares referíase á solicitude de poñerlle o nome de Manuel Fraga Iribarne a unha rúa da cidade, propoñendo para elo o segundo tramo da rolda urbana, entre o Horreo e a rúa Ourense. A voceira popular fixo un relatorio dos méritos do Sr. Fraga para recibir este recoñecemento, tanto na súa traxectoria pública como na súa relación con Monforte. O voceiro socialista considerou que esta proposta era precipitada e que debería agardarse e facer unha proposta conxunta dos tres grupos municipais, algo que rexeitou o PP. O Alcalde aclarou que no BNG habería liberdade de voto e que el, por respecto institucional, absteríase na votación. A voceira nacionalista dixo que non había vinculación especial do Sr. Fraga con Monforte e que o Concello tiña problemas mais importantes que meterse nunha liorta política por esta cuestión. Mª Xosé Vega salientou e recoñeceu a defensa da lingua galega realizada por Manuel Fraga, convidando ó actual goberno galego a seguir o seu exemplo. Finalmente, a voceira do BNG lembrou que a traxectoria do Sr. Fraga non sempre fora pacífica e que entre os membros da Corporación había persoas que foran torturadas cando el era ministro na ditadura franquista. A proposta dos populares aprobouse cos seus votos e coa abstención de tres concelleiros socialistas e outros tantos do BNG, mentres que catro concelleiros nacionalista votaron en contra. […]

¿Como puido o PP aprobar esta moción, se está en minoría con so seis concelleiros? Polas abstencións dos tres edís do PSOE que asistiron ao pleno (José Tomé Roca, Guillermo Rodríguez Vilaboa e Gloria María Prada Rodríguez; María José González Rodríguez non asistiu) e, o máis rechamante, polas abstencións de tres dos sete edís do BNG (Severino Rodríguez Díaz, alcalde; María Xosé Vega Buján, primeira tenente de alcalde e portavoz do grupo municipal do BNG; e María do Pilar López Martínez). Os outros catro concelleiros do BNG (Ana María Casal Rivas, Xosé Lois Rodríguez Rivera, Antonino Luaces Díaz e Xosé Manuel Pavón González) votaron en contra. Así recolleu a noticia o xornal El Progreso:

“Monforte terá unha rúa co nome de Manuel Fraga”

31/01/2012 – X.L.Q. / El Progreso (Monforte)

O pleno da corporación de Monforte acordou onte designar unha rúa da cidade a Manuel Fraga Iribarne, en recoñecemento ás súas xestións para a construción de diversas dotacións tanto no centro urbano como nas parroquias durante a súa etapa como presidente da Xunta. A rúa que levará o nome de Fraga será a continuación de rolda urbana, isto é, o viario que serve de enlace entre as rúas María Emilia Casas e Ourense.

O nomeamento conseguiuse logo de debaterse unha moción do PP en tal sentido e triunfar os seis votos a favor dos edís populares. Houbo outras tantas abstencións, que se rexistraron entre os tres edís socialistas e outros tantos do BNG, pois catro concelleiros deste grupo votaron en contra.

A diferenza de votos no seo do grupo nacionalista debeuse a que, como dixo a primeira tenienta de alcalde, María José Vega, «na corporación hai xente que foi torturada por loitar contra o réxime franquista cando Manuel Fraga era ministro do Interior». Antes diso, o alcalde anunciaba que no seu grupo habería liberdade de voto.

O mandatario, Severino Rodríguez; a primeira tenente de alcalde, María Xosé Vega, e Pilar López, foron quen se abstiveron no BNG. En contra da moción situáronse Xosé Manuel Pavón, Antonino Luaces, José Luís Rodríguez Rivera e Ana Casal.

Con este resultado favorable ante a demanda dos populares, o grupo nacionalista monfortino rompeu coa liña que o BNG expuxo a nivel galego e provincial en canto a recoñecementos a Manuel Fraga. En Lugo, o tenente de alcalde, o nacionalista Antón Bao, rexeitou a proposta dos populares de que o auditorio se bautice co nome de Fraga por considerar que atenta contra a Lei de Memoria Histórica.

Argumentos

Os populares monfortinos indicaron que propuxeron que unha das rúas de Monforte leve o nome de Fraga en recoñecemento especial polas súas xestións á hora de converter o antigo cenobio benedictino de San Vicente en Parador de Turismo, así como por impulsar a reforma do colexio de San Antonio para que pasase a ser casa consistorial. A maiores tamén se destacou que conxuntamente nese proxecto construíuse un novo colexio, así como a rolda urbana que pasa polas inmediacións do centro e que foi bautizada co nome de Emilia Casas Baamonde.

No debate, o portavoz socialista pediu que o asunto se pospuxese e que se buscase un consenso porque lle parecía unha proposta prematura.

O PP non asumiu a petición e o BNG apuntou que as súas abstencións debíanse ao respecto institucional, á vez que aclarou María José Vega que algúns dos votos contrarios debíanse a que Manuel Fraga tivo unha etapa franquista «que non foi tan pacífica».

A esa indicación, a portavoz do PP, Julia Rodríguez, dixo que a designación se propuxo polo alcance político e estadista de Fraga. Ademais sinalou que en Monforte se fixeron homenaxes a xente das guerrillas por axustar contas incluso a sacerdotes.

Vega Buján, tras triunfar a moción, pediu que o PP, por gobernar na Xunta, teña en conta que a rolda que levará o nome de Fraga, a quen enxalzou por defender a lingua galega, depende da Xunta de Galicia e que non ten iluminación. «É algo que levamos pedindo moito tempo e esperamos que polo menos a designación en recordo de Fraga sirva para que se faga o manteñemento que precisa a via», indicou a portavoz nacionalista na corporación municipal monfortina.

Algúns din de Manuel Fraga que era un demócrata e incluso que era un galeguista. Aínda que é superficial, construído sobre anécdotas e frases descontextualizadas, quizá podamos introducirnos no personaxe demócrata con este artigo que sacou Público o día da súa morte:

“La mejor parte del país fue la que se alzó el 18 de julio”

Ministro con Franco, Manuel Fraga siempre reivindicó el golpe de Estado de 1936.

“Es evidente que el glorioso alzamiento popular del 18 de julio de 1936 fue uno de los más simpáticos movimientos político-sociales de que el mundo tiene memoria. Los observadores imparciales y el historiador objetivo han de reconocer que la mayor y la mejor parte del país fue la que se alzó, el 18 de julio, contra un Gobierno ilegal y corrompido, que preparaba la más siniestra de las revoluciones rojas desde el poder”.

La frase la escribió Manuel Fraga Iribarne, muerto hoy en Madrid a los 89 años, hace poco más de cincuenta, desde la Oficina de Información Diplomática. Gran defensor de la dictadura franquista, que nunca llegó a condenar de forma expresa —tampoco lo ha hecho el partido que fundó, AP, transformado luego en el PP—, inicio su carrera política subido a la ola del golpe de Estado de 1936. Ocupó el Ministerio de Información y Turismo entre 1962 y 1969, siete años marcados por la Ley de Prensa, la censura y el fomento del turismo —incluso bañándose en Palomares para corroborar que las aguas no estaban contaminadas de radioactividad— como una de las bases de la economía española.

Durante el periodo en el que Fraga fue ministro se produjo el fusilamiento, en 1963, del dirigente comunista Julián Grimau, tras un proceso carente de pruebas acusatorias de unos presuntos delitos ocurridos treinta años antes, durante la Guerra Civil.

Al ser detenido, Grimau fue detenido y trasladado a la Dirección General de Seguridad. Allí fue arrojado a un callejón desde un segundo piso, una caída que le produjo graves lesiones en el cráneo y en ambas muñecas. Según el relato de Grimau, en un momento de la sesión de tortura a la que fue sometido por sus interrogadores, fue agarrado y arrojado por la ventana. Estaba esposado con las manos delante.

El ministro de Información, Fraga, aseguró que Grimau recibió un trato exquisito y que en un momento de su interrogatorio se encaramó a una silla, abrió la ventana y se arrojó por ella de forma “inexplicable” y por voluntad propia.

Hubo más: el 17 de enero de 1969 fueron detenidos en Madrid cuatro estudiantes acusados de haber repartido propaganda contra el régimen franquista: Enrique Ruano, María Dolores González Ruiz, Abilio Villena y José Bailo. Ruano emula a Grimau: muere en el acto tras caer al patio interior del piso de la calle de General Mola donde había sido trasladado por la policía para efectuar un registro.

Fraga intentó por todos los medios atribuir la causa de la muerte a la debilidad psicológica del detenido. Para ello presenta un supuesto “diario” del estudiante en el que, según el entonces ministro de Información y Turismo, se demuestra que Ruano sufría fuertes depresiones y estaba obsesionado por el suicidio.

Asimismo, Manuel Fraga era responsable de la Policía como ministro de la Gobernación durante los sucesos de Vitoria de marzo de 1976, en los que cinco trabajadores fueron asesinados y otros cien heridos por la Policía Armada.

El 3 de marzo de 1976 era una fecha señalada en Vitoria. En enero, unos seis mil trabajadores habían iniciado una huelga contra el decreto de topes salariales y en defensa de mejores condiciones de trabajo, y aquel día el paro era total. A las cinco de la tarde estaba convocada una asamblea general en el lugar de costumbre, la iglesia de Zaramaga.

Pero, en aquella ocasión, la Policía no estaba por la labor. Al menos, eso cabe deducir de una conversación grabada entre un mando y un agente que aún se conserva. “Haga lo que le había dicho”… “­Si me marcho de aquí, se me van a escapar de la iglesia”… ­”Oye, no interesa que se vayan de ahí”… “Mándenos refuerzos, si no, no hacemos nada; si no, nos marchamos de aquí; si no, vamos a tener que emplear las armas de fuego”. Y así fue.

La Policía asaltó la iglesia, con cinco mil almas en su interior, con gases lacrimógenos y material antidisturbios. Muchos de los congregados, presos del pánico, intentaron escapar por las salidas laterales y la puerta principal, donde les esperaban los agentes y sus disparos indiscriminados. Las balas ciegas segaron la vida de cinco personas: Pedro María Martínez Ocio, de 27 años; Francisco Aznar Clemente, de 17 años; Romualdo Barroso Chaparro, de 19 años; José Castillo, de 32 años; y Bienvenido Pereda, de 30 años. Otras cien personas cayeron heridas. “¡Buen servicio!”, dejó grabado un mando policial. “­Dile a Salinas que hemos contribuido a la paliza más grande de la historia. Aquí ha habido una masacre… ­Pero, de verdad, una masacre”.

La muerte de Fraga se produce apenas unos pocos días después de que la Comisión por la Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) de A Coruña intentara que el ministro franquista formara parte de la causa que instruye la jueza argentina María Servini por los crímenes del franquismo. Una época que, según dijo Fraga en 2007, sentó “las bases para una España con más orden”.

Para ensalzar la figura del caudillo el expresidente gallego llegó a recordar lo que en su día ocurrió en Francia con Napoleón: “Al día siguiente de matarlo era un estropajo, pero cincuenta años después lo trajeron a París, es su héroe nacional y preside el Panteón de Hombres Ilustres”, evocó; para luego matizar: “No digo que con Franco vaya a ocurrir lo mismo, sino que las figuras de ese calibre no se pueden juzgar hasta pasado un cierto tiempo”.

Máis artigos sobre o demócrata, e galeguista, que foi Manuel Fraga:

2 Febreiro 2012 - Posted by | Galicia, History, Human Rights, Politics, Propaganda, Spain

2 Comentarios »

  1. A información non é correcta. María José González – Concellal do Psoe – non asistiu o pleno por motivos laborais pero manifestouse, dous días antes, de maneira pública, en contra de poñer o nome de Fraga Iribarne a unha rúa.

    Comentario por Píntega | 8 Febreiro 2012

  2. Graciñas pola corrección que me fixeches, e desculpas pola anterior incorrección.

    Comentario por César Salgado | 8 Febreiro 2012


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s