Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Bach (cantata BWV 61): coro “Nun komm, der Heiden Heiland”

Traio hoxe outra breve mostra do xenio de Bach: o coro inicial da cantata “Nun komm, der Heiden Heiland”, BWV 61 (composta en Weimar no ano 1714). Non debemos confundir esta cantata coa cantata homónima BWV 62 (composta en Leipzig no 1724) ou cos, tamén homónimos, preludios para órgano BWV 659 – 661 (probablemente compostos en Leipzig entre os anos 1740 e 1750). Podemos seguir as notas usando as partituras de Johann Sebastian Bach no IMSLP.

O texto alemán é de Martin Luther, baseado no himno “Veni, redemptor gentium”, atribuído a Aurelius Ambrosius. Poño os versos latinos entre corchetes:

Nun komm, der Heiden Heiland, [Veni, redemptor gentium,]
der Jungfrauen Kind erkannt, [ostende partum virginis,]
des sich wundert alle Welt, [miretur omne saeculum:]
Gott solch’ Geburt ihm bestellt. [talis decet partus Deum.]

Interpretación dirixida por John Eliot Gardiner:

Interpretación dirixida por Nikolaus Harnoncourt:

Interpretación dirixida por Karl Richter:

14 Marzo 2012 - Posted by | Johann Sebastian Bach, Music, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s