Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

“La banca armada. Inversiones explosivas de bancos y cajas” (informe do Centre Delàs)

Leo no blog da Asociación Fiare Galiza que o Centre d’Estudis per la Pau “J. M. Delàs” (de Justícia i Pau) vén de publicar un informe de Jordi Calvo Rufanges, titulado “La banca armada. Inversiones explosivas de bancos y cajas”.

Neste informe aparecen desglosados os créditos e investimentos realizados na industria militar por bancos e outras entidades financeiras, tanto se teñen base de operacións no Estado español (neses rankings destacan os dous xigantes BBVA e Santander) como se a teñen no estranxeiro (aí a lista é máis densa, con 18 entidades por riba dos 500 millóns de euros). Mesturando os datos dunha e doutra lista (o capital non coñece fronteiras e a morte tampouco), estes serían os principais financiadores do negocio armamentístico en España (cifras en millóns de €):

Merece a pena saber en que se gastaron estes cartos, e este informe é unha boa aproximación. A investigación completa precisa de transparencia, e non creo que vaia ser fácil tendo España un ministro de Economía que vén de Lehman Brothers e un ministro de Defensa cun amplo curriculum na industria armamentística, incluíndo a Instalaza, fabricante de bombas de fragmentación…

15 Marzo 2012 - Posted by | Centre Delàs, Human Rights, Landmines, Politics, Spain

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s