Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

“Cen primaveras de Álvaro Cunqueiro (1911 – 2011)” e “El incierto señor Cunqueiro” (documentais)

A través do blog de Manuel Forcadela, “O Ximnasio de Academo”, coñecín este documental sobre o meu escritor preferido, Álvaro Cunqueiro. O documental preparouno o Grupo de Intervención Audiovisual e Literaria (GRIAL) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, e leva por título “Cen primaveras de Álvaro Cunqueiro (1911 – 2011)”. É un mosaico biobibliográfico e crítico sobre a vida e a obra do escritor mindoniense con motivo do centenario do seu nacemento. Nel podemos oír as voces do propio Cunqueiro e de Ramón Otero Pedrayo, e fragmentos de entrevistas realizadas a literatos e estudosos da literatura:

Outro documental que non coñecía sobre Cunqueiro, realizado por Antón Reixa e Miguel-Anxo Murado. Leva por título “El incierto señor Cunqueiro”, e tamén combina imaxes de arquivo con entrevistas a, entre outros:

Boa parte dos cortes nos que fala Cunqueiro tomáronse de dúas fontes: a) a entrevista que lle fixo César Morán (1981), publicada en “Haberá primavera: catorce poemas, catorce cancións” (Galaxia, Vigo, 2011; ISBN: 9788498653977); e b) a entrevista que lle fixo Joaquín Soler Serrano para o programa “A fondo” de Radiotelevisión Española (1978), que se pode ver aquí:

16 Marzo 2012 - Posted by | Cunqueiro, Education, Galicia, History, Language, Literature, Poetry

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s