Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

O texto orixinal de “A esmorga”, traducido ao inglés

O texto orixinal de “A esmorga”, a obra máis coñecida de Eduardo Blanco Amor, xa pode lerse en tradución inglesa. Copio un extracto da noticia “Blanco Amor xa fala inglés” (Marcos Pérez Pena en Praza Pública, 14 – IV – 2012)…

Este domingo preséntase en Ourense a tradución ao inglés d’A Esmorga, a novela máis popular do escritor, co título de On a Bender. Será nas Burgas ás doce do mediodía. O libro, editado pola editorial galesa Planet, cunha longa relación coa literatura galega (traduciu a Ferrín, Castelao ou Casares) foi adaptado por Craig Patterson, cumprindo a encomenda realizada pola Deputación de Ourense e o Pen Clube, coa colaboración da Editorial Galaxia. On a Bender presentouse en Cardiff hai dúas semanas e agora comeza a súa andaina no noso país.

Esta edición ten a particularidade, ademais, de que é a primeira tradución que presenta o texto orixinal da obra, cos fragmentos eliminados pola censura. De feito o texto completo non se puido ler en galego até a reedición que fixo Galaxia en 2010. […]

14 Abril 2012 - Posted by | Education, Galicia, Human Rights, Language, Literature

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s