Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Carl Friedrich Abel: Allegro in D minor for viola da gamba WKO 208 (Shirley Edith Hunt; Valentin Tournet)

Hoxe traio dúas interpretacións dunha obra para viola da gamba do compositor Carl Friedrich Abel (1723 – 1787). C. F. Abel estableceuse en Londres no 1759, e alí organizou, xunto con Johann Christian Bach, os primeiros subscription concerts que houbo na Inglaterra. Como anécdota, podemos sinalar que unha sinfonía de C. F. Abel foi catalogada erroneamente como obra de Mozart, publicándose como sinfonía número 3, KV 18.

A obra forma parte dun manuscrito con 27 pezas para viola da gamba, é o Allegro en “re menor” WKO 208 (os números de catálogo WK ou WKO refírense ó traballo de Walter Knape Bibliographisch-thematisches Verzeichnis der Kompositionen von Karl Friedrich Abel). Para un estudo preliminar podedes usa-las partituras do IMSLP.

Aquí toca Shirley Edith Hunt, nunha viola da gamba feita en Leipzig (ca. 1720) polo luthier Johann Christian Hoffmann (gravación do proxecto Voices of Music)…

Así tocaba en directo Valentin Tournet con so catorce anos:

31 Xullo 2012 - Posted by | Carl Friedrich Abel, Johann Christian Bach, Mozart, Music, String music, Viola da gamba

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s