Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Morreu Avelino Pousa Antelo

Hoxe morreu, con 98 anos, o mestre e político galeguista Avelino Pousa Antelo. Militou, antes da Guerra Civil, nas Mocedades Galeguistas. Foi pioneiro na introdución da agricultura na escola, dirixindo desde o 1948 a Escola Agrícola “Granxa de Barreiros”. Promoveu a creación, no 1984, da Fundación Castelao, e traballou incansablemente nela ata a súa morte.

Nos últimos tempos deixáronnos varios galeguistas desta xeración, que deberiamos estudar para aproveita-la súa sabedoría e experiencia: Avelino Pousa Antelo (1914 – 2012), Xaime Isla Couto (1915 – 2012), Isaac Díaz Pardo (1920 – 2012) e Francisco Fernández del Riego (1913 – 2010).

Unha mostra da lucidez e da retranca de Avelino Pousa Antelo (vídeo do ano 2009)…

20 Agosto 2012 - Posted by | Education, Galicia, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s