Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

A abstención, primeira “forza política”

Vou ir poñendo os resultados que obtiveron as listas da Alternativa Galega de Esquerda nas eleccións autonómicas do 21 de outubro. Sinalo agora os datos globais, pero non reproduzo os resultados completos. Dado que proliferan as listas sen aspiración real de obter representación, arbitrariamente fixen un corte no 0,5% dos votos válidos. Uso os datos provisionais da Xunta. O número de electores obtíveno de sumar votantes e abstencións (1 467 657 + 832 678 = 2 300 355). Hai unha pequena discrepancia co censo (2 299 184), supoño que se debe a persoas que exerceron o seu direito a votar pero, por erro, non figuraban no censo.

Galicia

Candidaturas Electores Porcentaxe sobre
votos válidos
Porcentaxe
sobre electores
1. Abstencións 832 678 n.a. 36,20%
2. PP 653 934 45,72% 28,43%
3. PSdeG-PSOE 293 671 20,53% 12,77%
4. AGE (EU-ANOVA) 200 101 13,99% 8,70%
5. BNG 145 389 10,16% 6,32%
6. Brancos 38 410 2,69% 1,67%
7. Nulos 37 472 n.a. 1,63%
8. UPyD 21 212 1,48% 0,92%
9. Eb 17 116 1,19% 0,74%
10. SCD 15 781 1,10% 0,69%
11. CxG 14 459 1,01% 0,63%
12. PACMA 7 729 0,54% 0,34%

Resultados por provincias:

Para reflexionar:

  • A abstención foi, lamentablemente, a primeira “forza política” nas catro provincias e nas sete cidades.
  • Comparación co 2009: o PP perdeu máis de cento trinta mil votos.
  • Comparación co 2009: o PSOE perdeu máis de douscentos trinta mil votos.
  • Comparación co 2009: o BNG perdeu máis de cento vinte mil votos.
  • O partido que vai te-la maioría absoluta no Parlamento (PP) recibiu o 45,72% dos votos válidos, pero so tivo o apoio do 28,43% do electorado.
  • Os partidos da oposición tampouco saen ben parados con esa análise. Se contamos a todo o electorado, so recibiron escasos apoios, 12,77% (PSOE), 8,70% (AGE) e 6,32% (BNG).

Temos moito que facer: recupera-la ética na política, facela participativa (por exemplo a través da democracia líquida), e tamén reforma-la lexislación electoral (ver por exemplo a lei electoral española) para elimina-los desequilibrios entre circunscricións, o método d’Hondt e o límite do 5%.

P. S. (7 – XI – 2012). Xa publicaron no DOG o acordo da Xunta Electoral de Galicia cos resultados definitivos das eleccións autonómicas do 21 de outubro. O censo electoral é máis grande porque se engaden os emigrantes. Como case non houbo participación nese colectivo, o que medra é a abstención. As novas cifras son: electores, 2 697 717; votantes, 1 481 379; abstencións, 1 216 338.

Candidaturas Electores Porcentaxe sobre
votos válidos
Porcentaxe
sobre electores
1. Abstencións 1 216 338 n.a. 45,09%
2. PP 661 281 45,80% 24,51%
3. PSdeG-PSOE 297 584 20,61% 11,03%
4. AGE (EU-ANOVA) 200 828 13,91% 7,44%
5. BNG 146 027 10,11% 5,41%
6. Brancos 38 448 2,66% 1,43%
7. Nulos 37 531 n.a. 1,39%
8. UPyD 21 335 1,48% 0,79%
9. Eb 17 141 1,19% 0,64%
10. SCD 15 990 1,11% 0,59%
11. CxG 14 586 1,01% 0,54%
12. PACMA 8 041 0,56% 0,30%

Para saber máis:

24 Outubro 2012 - Posted by | Galicia, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s