Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Autonómicas 2012: concello de Cerceda

Continúo a serie que iniciei hai uns días (A abstención, primeira “forza política”) cos resultados que obtiveron as listas da Alternativa Galega de Esquerda nas eleccións autonómicas do 21 de outubro. Sinalo agora os datos globais, pero non reproduzo os resultados completos. Dado que proliferan as listas sen aspiración real de obter representación, arbitrariamente fixen un corte no 0,5% dos votos válidos. Uso os datos provisionais da Xunta. O número de electores obtíveno de sumar votantes e abstencións (3 351 + 1 311 = 4 662).

Resultados no concello de Cerceda

Candidaturas Electores Porcentaxe sobre
votos válidos
Porcentaxe
sobre electores
1. PP 1 712 52,55% 36,72%
2. Abstencións 1 311 n.a. 28,12%
3. PSdeG-PSOE 905 27,78% 19,41%
4. BNG 235 7,21% 5,04%
5. AGE (EU-ANOVA) 208 6,38% 4,46%
6. Nulos 93 n.a. 1,99%
7. UPyD 53 1,63% 1,14%
8. Brancos 51 1,57% 1,09%
9. Eb 37 1,14% 0,79%

Neste concello hai máis votos ó PP que abstencións. Este concello é notable por acoller unha das empresas máis contaminantes de Galicia, SOGAMA (ver informacións en “SIGRE – SOGAMA: toneladas de medicamentos nun vertedoiro de Cerceda” e “Non ás incineradoras de residuos”). Aquí executan a súa danza macabra a peste, a fame e a gana de comer, a alienación marxiana, a “pulsión de morte” freudiana e o “medo á liberdade” de Erich Fromm.

2 Novembro 2012 - Posted by | Galicia, Nature, Philosophy, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s