Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Maichelbeck: Sonata VII f-Moll (Fernando De Luca, Cembalo)

Ata hoxe descoñecía incluso o nome deste compositor, Franz Anton Maichelbeck (1702 – 1750), que foi organista en Friburgo de Brisgovia. Algúns din que foi Maichelbeck quen introduciu o “baixo de Alberti” na Alemaña, e outros din que Maichelbeck usou o “baixo de Alberti” antes que o propio Domenico Alberti.

Traio ó blog a Sonata VII en “fa menor” de Maichelbeck. A interpretación, ó cravo, debémoslla a Fernando De Luca:

Poden estudarse as oito “sonatas” do opus 1 coas partituras do IMSLP (escaneadas da publicación orixinal, que é do 1736). E poden escoitarse interpretadas polo propio Fernando De Luca na páxina Sala del Cembalo del caro Sassone.

Moitas veces a ornamentación non está escrita, é responsabilidade do intérprete. Sobre este asunto convén ler a nota aclaratoria, que vén en alemán na partitura orixinal e parafrasean así na mencionada Sala del Cembalo:

[…] come si legge nella prefazione, rappresenta un’opera didattica, ossia studi diretti principalmente a suonatori autodidatti. Maichelbeck precisa di aver appositamente composto pezzi di facile esecuzione con un basso relativamente semplice, ma esorta comunque l’esecutore ad aggiungere ad libitum tutta la necessaria ornamentazione laddove ritenuto opportuno, inclusi arricchimenti accordali ed armonici.

Advertisements

8 Decembro 2012 - Posted by | Harpsichord, Keyboard music, Maichelbeck, Music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s