Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Six little fugues in the style of Handel (Fernando De Luca, harpsichord; David Christensen, organ)

Hoxe traio seis pequenas fugas, pequenas e apócrifas pero alegres, que o editor Friedrich Chrysander publicou na colección da Händel-Gesellschaft. Este proxecto, que intentaba abrangue-las obras completas de Handel, quedou incompleto e incluía material que hoxe non se cataloga como handeliano. Un exemplo son estas fugas que aparecen no volume XLVIII (ano 1894) baixo o título de Sechs kleine Fugen, e que se coñecen en inglés como “six little fugues”.

Non deben confundirse coas publicadas por Walsh no ano 1735 baixo o título Six Fugues or Voluntarys for the Organ or Harpsichord, que levan os números de catálogo HWV 605 – 610, e que se coñecen como “six grand fugues”.

Esta interpretación, ó cravo, é de Fernando De Luca:

Esta interpretación, ó órgano é de David Christensen:

Para un estudo preliminar, poden usarse as partituras de dominio público do International Music Score Library Project (IMSLP).

11 Agosto 2013 - Posted by | Handel, Harpsichord, Keyboard music, Music, Organ

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s