Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

“La muerte silenciada: suicidio, el último tabú” (documental)

Traio hoxe un documental emitido no programa “Documentos TV” do pasado 17 de febreiro. Está accesible na páxina web de “RTVE a la carta” co título “La muerte silenciada: suicidio, el último tabú” e tamén en YouTube:

Cada ano, en España, quítanse a vida arredor de tres mil cincocentas persoas: xa é a primeira causa de morte violenta. Esta realidade silénciase por varios motivos, entre eles o medo ó “efecto chamada” ou “efecto imitación” que poden ter algunhas noticias no público. O documental recolle testemuños de pacientes, familiares, psiquiatras e outros expertos, que avogan por darlle voz ó suicidio para combate-las súas causas.

Porque hoxe sabemos que falar das ideas de morte (os pacientes) e escoitar (as familias) son pasos fundamentais para a prevención do suicidio, prevención que debemos completar pedindo axuda ós especialistas en saúde mental (psiquiatras e psicólogos, principalmente). Varios centros sanitarios puxeron a andar programas de prevención e seguimento con pacientes que intentaran suicidarse, chegando a reducir nun trinta por cento as recaídas.

10 Setembro 2013 - Posted by | Mental Health, Suicide

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s