Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Mexan por nós e temos que dicir que chove

Un de cada catro traballadores españois está desempregado. Miles de millóns de euros públicos rescatan os bancos, pero ninguén rescata os hipotecados. As políticas de “austeridade” cébanse coas pensións, coa sanidade e cos servizos sociais. Mentras, os gobernantes desprezan abertamente ós cidadáns: esta semana o ministro español da Facenda (Cristóbal Montoro) negou no Congreso que os salarios estean a baixar.

Segundo dixo, os salarios están a “subir moderadamente”, incluso se ofreceu para explicarlle ó deputado interpelante (Cayo Lara) a diferenza entre “moderarse a subida” e baixar. Ademais de mentir (ou falar en neolingua), o ministro insulta coa súa actitude ó deputado e ó pobo por el representado. Mexan por nós e aínda nos han obrigar a dicir que chove… :-(

13 Outubro 2013 - Posted by | Human Rights, Politics, Propaganda, Spain

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s