Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Xa case está “na rúa” o dominio .gal

Hoxe a Asociación PuntoGal transmite unha nova relevante para a cultura de Galicia: as páxinas web galegas poderán usar en breve un dominio propio (.gal), análogo ó que xa usan as páxinas web en Cataluña (.cat). Copio un extracto da nota de prensa titulada “ICANN e puntoGAL asinan o contrato de creación do .gal” (11 – XI – 2013)…

A ICANN, a corporación que goberna os enderezos da Internet, acaba de asina-lo contrato de creación do dominio .gal. O documento rubricado entre a ICANN e a Asociación PuntoGal significa a culminación de sete anos de traballo nos que toda a sociedade galega se uniu para conseguir un distintivo de máximo nivel na Internet. Dende este venres, PuntoGal xa non é un candidatura, é o operador dun rexistro da Internet.

A Asociación PuntoGal comeza agora unha serie de probas técnicas obrigatorias antes da apertura do rexistro de enderezos. Grazas a este contrato, os dominios .gal poderán comezar a rexistrarse a comezos de 2014. Proximamente PuntoGal detallará cada unha das fases nas que estará dividido este proceso. Poucos meses despois poderase navegar por direccións .gal.

O documento publicado na web da ICANN fixa que o .gal nace para servir a comunidade lingüística e cultural galega. O contrato establece que este grupo está formado por aqueles que “usen -ou se comprometeran a usar- o galego nas súas comunicacións en liña, ou promovan os diferentes aspectos da cultura galega na rede ou dirixan especificamente as súas comunicacións e servizos a esta comunidade”. […]

11 Novembro 2013 - Posted by | Galicia, Language, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s